Feijóo, partidario dun acordo para non pór cartelaría nas eleccións do 10N

A maior parte dos partidos do Congreso, PSOE, PP, Unidas Podemos, Ciudadanos, Vox, ERC ou Junts per Catalunya estarían a favor desta medida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2019 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este xoves que, se finalmente frutifica de forma definitiva un acordo para renunciar á cartelaría e á propaganda electoral de cara aos próximos comicios do 10 de novembro, el estaría de acordo, asumiríao e sumaríase.

Tras a reunión semanal do seu Goberno, constatou que "un dos grandes problemas" en España é "a bisoñez política", polo que se mostrou a favor deste tipo de pasos unha vez que o país se ve sometido a unha nova cita coas urnas.

"Se hai acordo en tensionar a vida política con menor intensidade e non volver rirse dos cidadáns, se hai un acordo para non distribuír propaganda electoral, eu asumo e súmome sen dúbidas a ese acordo. Se frutifica, espero que todos nos sumemos", resolveu.

Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo. XUNTA
Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo. XUNTA | Fonte: Europa Press

Feijóo referiuse así ao pacto acadado entre os principais partidos do Congreso; PSOE, PP, Unidas Podemos, Ciudadanos, Vox ou ERC para evitar gastos innecesarios durante a campaña electoral e que ten a súa orixe nunha iniciativa cidadá que acadou máis de 120.000 sinaturas que pide "non dilapidar máis cartos públicos" na repetición electoral. A este pacto opúxose, polo momento, o PNV. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta