Investigan a morte dunha muller cuxo corpo foi atopado nunha praia de Oleiros

A falecida é unha muller veciña da zona na que foi atopada e o seu corpo xa foi recoñecido por familiares.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/10/2019 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

A Policía Xudicial da Garda Civil investiga a morte dunha muller cuxo corpo foi achado na mañá deste luns na Praia de Espiñeiro no municipio de Oleiros.

Segundo informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, a falecida é unha muller veciña da zona na que foi atopada e o seu corpo xa foi recoñecido por familiares.

Foi un viandante o que atopou o corpo sen vida desta muller na Praia de Espiñeiro, en Oleiros, pasadas as 10,00 horas deste martes, informou o 112 Galicia.

Axentes da Garda Civil tratan de aclarar as circunstancias do seu falecemento. Nestas tarefas tamén colaboran membros da Policía Local.

Praia de Espiñeiro, en Oleiros
Praia de Espiñeiro, en Oleiros | Fonte: Turismo.gal

Fontes da investigación apuntaron que será a autopsia que se lle practique ao corpo a que determinará as causas do falecemento da sexagenaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta