Rianxeira celeste no corazón de Madrid

Seareiros do Celta tomaron a Glorieta de Bilbao en Madrid para festexar o ascenso do Celta. Bandeiras de Galicia e camisolas e bufandas do equipo vigués tinguiron de celeste esta popular praza madrileña na que soou a Rianxeira. Vídeo da celebración no interior.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 08/06/2012 | Actualizada ás 00:29

Comparte esta noticia

Un cento de afeccionados do Celta tinguiu de celeste este domingo a Glorieta de Bilbao en Madrid, un dos puntos máis populares e buliciosos da capital do Estado, para festexar o ascenso do equipo vigués á Primeira División da Liga de fútbol.

A peña Morriña Celeste convocou aos seareiros do Celta no seu habitual local de reunións, o bar Meigas, pulpo & friends, no número 13 da rúa Eguilaz, para seguir por televisión o partido disputado entre o equipo vigués e o Córdoba. Ao remate do mesmo, os seareiros saíron á rúa e dirixíronse cara a famosa Glorieta de Bilbao para festexar o ascenso do Celta. E a Rianxeira soou no corazón de Madrid.

Velaquí o vídeo das celebracións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

9 deslinguado

RIANXEIRA DEPORTIVISTA NO BERNABEU : o Deportivo da Coruña gañóulle ao Madrid a Copa del Rei no centenário da equipa da capital. RIANXEIRA CELESTE : polas rúas os pobriños ! Quén consigue trunfos para a nosa Terra ?

8 Fernando

Tamén hai fotos de afeccionados deportivistas da Peña Chamberí Branquiazul colgadas en redes sociais facendo O MESMO NO MESMO LUGAR e non se lles ten que chamar paletos. Que ceniza é a xente e que gañas de criticar Que cada un cante a Rianxeira cando queira e como lle pete, faltaría máis...

1 depor alé

Mira neno, en Madrid moita xente canta a rianxeira, sexa galega ou non, e ninguén mira para eles. Como se cantan o hino nacional de Albacete. A paletada é facer noticia dunha caralladiña. Inda que é normal, como o Celta só ten copas de cristal, considera un trunfo cantar cancións galegas nas rúas de Madrid, ha, ha. Que Madrid está chea de galegos oh!Qué merito ten cantar a rianxeira aló ?

2 Fernando

Se alguén non galego canta a Rianxeira como dis, mirarei para el, pódocho garantir jejejeje. Non che teño gaña ningunha de discutir, así que que vaia ben!!! un saúdo

3 dépor alé

Un saúdo para tí tamén, qeu no fondo todo é coña...Informativamente, hai unha letra da rianxeira en español que moita xente canta fora de Galicia: "debajo de tí me pongo puente de la segoviana..."

4 Xanti

Vivo en Madrid, vin o partido do Nastic no Meigas, que está perto do bar da peña do depor (foi o día do ascenso do depor), e a xente do depor ao rematar o partido estaba nos bares, punto. Se che pica ca afección do Celta teña mais apego polo empregodo galego ca deportivista, non é culpa nosa porque o de cantar a Rianxeira en Riazor foi por copiar o que facía a afeción do Celta; de feito xa non se canta en Riazor. Por outra banda, hai moi boa relación entre ambalas dúas peñas.

7 galiza ceive

galiza ceive

6 Dende Madrid

Ummmmm....... Hai que lembrar que algúns, xunto a peña Chamberí Branquiazul, tamén festexamos a subida do depor do mesmo xeito na Glorieta de Bilbao....con gaitas e Bandeiras Galegas!!!! Galicia é de Primeira!!

5 Caléndula

Pois devia ter a mesma repercussão que tê-lo feito em Bruxelas ou em Tombuctú...