Villares cre que a "gran alianza galega progresista" fallou por primar o "patriotismo de siglas"

Cre que a "pacificación social" só chegará a Cataluña cando se lle dea "a palabra ao pobo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2019 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

O líder de En Marea, Luís Villares, culpou ao "patriotismo de siglas" de ser o responsable de que "a gran alianza galega progresista" non puidese crearse para participar nas eleccións do próximo 10 de novembro.

Nunha entrevista na Radio Galega este domingo, recollida por Europa Press, Villares lamentou que, a pesar de realizar xestións, "non foi posible tecer esta alianza" porque as forzas coas que contactara, como o BNG e Más País, primaron "o patriotismo de siglas" por encima dun "proxecto de país progresista".

Por este motivo, o portavoz de En Marea decidiu que o seu partido se centrará nas eleccións galegas, non concorrerá ás xerais para "non fraccionar o voto progresista" e tampouco pedirá o voto para outras formacións.

Ao seu xuízo, a diversidade "ben articulada" pode levar á competencia para suxerir "mobilización" e así adaptar o "pluripartidismo" do escenario europeo a España. Con todo, insistiu en que é necesario "un acordo que supere as siglas, en clave confederal e que respecte a axenda política galega".

Nesta entrevista, o responsable do partido tamén fixo referencia á situación de Cataluña. Para el, a sentenza do Procés é "coherente co ordenamento xurídico español", pero "non soluciona o problema político". Na mesma liña valorou "a resposta" que o Goberno estatal está a dar ás protestas, que tamén "é coherente co que se espera" deste Executivo nacional.

No entanto, apela á actuación política para conseguir "a pacificación social" a través de "darlle a palabra" aos cataláns, "unha cuestión de democracia".

OUTROS ASUNTOS

En referencia aos custos enerxéticos, Villares asegurou que "é necesaria unha reforma do sector eléctrico" para abaratar a luz e que se retire "a enerxía nuclear e hidroeléctrica da poxa diaria". Para isto, sinalou a modificar a lei e aplicar o modelo que se establece noutros países como Francia.

Por outra banda, tamén falou sobre a "política orzamentaria errada" que presentou este sábado o Goberno galego no Parlamento. Afirmou que "se redistribúe menos o diñeiro que hai" e mostrouse preocupado pola "demagoxia do PP", que asegura baixar impostos "cando detrás está a destrución do estado de benestar", sentenciou.

O portavoz de En Marea e do grupo mixto, Luís Villares, en declaracións aos medios durante o Debate sobre o Estado da Autonomía de 2019. EN MAREA
O portavoz de En Marea e do grupo mixto, Luís Villares, en declaracións aos medios durante o Debate sobre o Estado da Autonomía de 2019. EN MAREA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Bng lacaios de Santi Rey

Por que se sigue informando sobre as ocorrencias de Don Quince Mil Votos? Quen é Luís Villares? Representa a alguén?

3 Orquestra do Titanic

Pobre Villares non te quixeron en Más Madrí e a culpa é de los gaiegos como non.

2 urco

Em Catalunha os partidos independentistas (JxCat, ERC, CUP) som maioria respeito aos colonialistas (C´s, PSC, PP). Depois estám os Comuns que defendem o direito à autodeterminaçom. Esses som os dados. Os saudosos do Império bem podiam aprender do Reino Unido, e reconhecer o direito à autodeterninaçom das suas naçons integrantes. É o que diferencia um Estado democrático de outro medonhento e com vocaçom de carcereiro.

1 Sentidiño

Certamente o Reino Unido permitiu o referendo escocés, no cal só os escoceses votaban, e ha permitir outros no futuro. Tamén Canadá os autorizou dúas veces, e votaban unicamente os quebequeses. O ano pasado a xacobina Francia organizou un en Nova Caledonia, no que só votaron os residentes. Se neste tipo de votacións van participar todos os cidadáns do Estado, a única solución para os cataláns, e sobre todo para os tibetanos, vai ser poñerse en serio ao labor de reprodución. A política dos coellos.

1 Galeguiña

A palabra xa a teñen. O que pasa é que os independentistas o único do que queren oir falar é de secesión, e quen non pase por ese aro é tildado de fascista. Non podemos esquecer que, incluso cos dados da Generalitat, os que apoian a independencia unilateral non son maioría. Referendum, para qué? Para constataren o que xa é sabido? Nada que obxetar á lexitimidade da independencia, pero que vaian onde hai que gañala; no parlamento da Nación e con todos os españois coma votantes, porque é alí onde reside a soberanía do país e non nun parlamento rexional que aspira a converter en extranxeiros a mais da metade da poboación.

1 Españolaza

Galleguita, e para que facermos eleccións se xa temos as case fiables enquisas? Que é sabido: que o 80% dos cataláns queren referendo! (Até con enquisas madrileñas). Quen é fascista: o que deixa ou o que impide votar? Coñeces outro xeito democrático para decidir? E a nación é o pobo que o decide ser (Tíbet, Sáhara, Palestina, Kurdistan ou Catalunya), e que os opresores negades (China, Marrocos, Israel, Turquia ou España).