Concello da Coruña e RAG acordan "afondar" na colaboración entre ambas as institucións

Por E.P. | A CORUÑA | 21/10/2019 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a comisión executiva da Real Academia Galega (RAG) acordaron "afondar" na colaboración entre ambas as institucións, tras unha reunión na sede da institución.

O encontro formou parte da visita institucional que realizou a rexedora e que concluíu cun encontro coa presenza, entre outros, do presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes.

Na visita, Freixanes agradeceu a presenza na Academia da rexedora que, acompañada polo concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, deixou constancia no libro de honra da institución da vontade do consistorio de seguir colaborando "na defensa da nosa lingua e da nosa cultura".

A alcaldesa da Coruña,Inés Rei, visita a RAG. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña,Inés Rei, visita a RAG. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta