Galicia entra nun estudo europeo que busca a mellora dos fondos para biodiversidade

Trátase dun proxecto novo que se está levando a cabo en Galicia e outras seis rexións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2019 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, subliñou a "oportunidade" que representa que Galicia participe nun estudo europeo para levar a cabo plans de acción que melloren a eficacia dos fondos que se destinan a conservar e mellorar a biodiversidade.

Vázquez clausurou este mércores unha xornada sobre o proxecto 'Biogov', onde reivindicou o obxectivo deste programa, que é o mantemento e mellora da biodiversidade coa produción sustentable do territorio.

Segundo explica a Xunta nunha nota de prensa, trátase dun proxecto novo que se está levando a cabo en Galicia e outras seis rexións de Países Baixos (provincia de Fyslán), Bélxica (axencia de terras flamencas), Polonia (rexión Lodzkie), Romanía (axencia para a protección ambiental de Mures e a fundación ADEPT de Transilvania), Bulgaria (asociación de xestión) e Eslovenia (instituto forestal esloveno).

No caso de Galicia, o proxecto céntrase na protección e restauración da biodiversidade dentro da gran área paisaxística das Serras Orientais. En concreto, foi elixido o Concello de Cervantes (Lugo) como zona piloto por dúas razóns: é un concello no cal máis do 90% é rede natura e ten un marcado carácter gandeiro.

O Cardiño da lagoa ou Eryngium viviparum
O Cardiño da lagoa ou Eryngium viviparum | Fonte: biodiversidade.eu

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta