A Xunta pide ao ministro de Fomento que visite Galicia para aclarar os prazos do AVE

O deputado socialista Luís Álvarez lembrou "todos os atrasos" acumulados polo AVE co Partido Popular no Goberno central.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2019 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, pediu este venres ao ministro de Fomento, José Luís Ábalos, que visite Galicia "canto antes" para aclarar os prazos do AVE.

O pasado xoves, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, denunciou un novo atraso na chegada do AVE a Galicia, xa que "ningún galego poderá usar o AVE a Madrid nin en 2019 nin en 2020".

Por mor desta cuestión, Ethel Vázquez aproveitou a súa comparecencia parlamentaria de presentación dos orzamentos do seu departamento -o que menos sobe en 2020-- para requirir a Ábalos que vaia a Galicia para "explicar" en que mes se rematarán as obras e cando comezarán as probas para a súa posta en marcha.

En cambio, o deputado socialista Luís Álvarez reprochou que Ethel Vázquez usase a súa intervención para "un mitin do PP". Ademais, lembrou "todos os atrasos" acumulados polo AVE co Partido Popular no Goberno central, cuestión na que coincidiu o resto da oposición.

Fotos Xunta. Rp. Infraestruturas.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo
Fotos Xunta. Rp. Infraestruturas.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta