Educación reivindica a importancia da colaboración empresarial no "éxito" da FP dual

Carmen Pomar fixo unha visita ao alumnado que está a realizar parte desta formación nas instalacións da refinaría da Coruña.

Por E.P. | A CORUÑA | 30/10/2019 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, reivindicou a importancia da colaboración empresarial no "éxito" da FP dual, segundo expuxo durante unha visita ao alumnado que está a realizar parte desta formación nas instalacións da refinaría da Coruña.

Trátase, en concreto, dun grupo de 20 alumnas e alumnos do ciclo superior de Química Industrial, que desenvolven a parte teórica da súa formación no IES A Sardiñeira. O 53% do ciclo desenvólvese no IES e o 47% restante no complexo petroleiro.

Durante a súa visita, a conselleira destacou a importancia da colaboración de empresas como Repsol no "éxito e crecemento" da FP Dual. Neste sentido, explicou que este tipo de colaboración empresarial é crucial para esta modalidade, "que sustenta o seu éxito na confianza e no compromiso do tecido empresarial galego".

Por outra banda, destacou a inserción laboral dos titulados no ciclo que se imparte nestas instalacións (de case o 95%), que supera a media da FP Dual no resto de Galicia (que é do 90,7%).

A Conselleira De Educación, Carmen Pomar, Visita  A Alumnos De FP Na Refinaría De Repsol. CONSELLERIA DE EDUCACIÓN
A Conselleira De Educación, Carmen Pomar, Visita A Alumnos De FP Na Refinaría De Repsol. CONSELLERIA DE EDUCACIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta