A CIG pide abertamente o apoio para Sermos Galiza

Nunha misiva interna remitida aos seus afiliados anímaos a subscribirse ao novo grupo de comunicación galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/06/2012 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

A Executiva Confederal da CIG remitiu este mércores un correo electrónico aos seus afiliados nos que lles recomenda que apoien económicamente ao grupo de Comunicación Sermos Galiza, precisamente, un día despois de que o conselleiro delegado dese grupo, Néstor Rego, dimitira tras ser elixido coma secretario xeral da UPG.

None

 

Nesta mensaxe, a dirección da CIG, lembra que o sindicato xa "apoiou" o proxecto de comunicación ante o "abafamento" dos medios en galego e porque Sermos Galiza pretende ofrecer á cidadanía un "produto informativo novo e distinto", que "defenda os intereses da Galiza na nosa lingua, que cree redes de participación e sexa a voz da cidadanía e dos movementos sociais".

 

A pesar de que a CIG xa "lle deu o seu respaldo" financiero ao proxecto, a súa executiva insta aos seus afiliados a que tamén o apoien "económicamente e non só moralmente" e inclúen un enlace onde poder subscribirse. 

 

A CIG é a primeira gran entidade social que lle pide aos seus afiliados --70.000 segundo o propio sindicato-- que apoien a un medio de comunicación. E é que, actualmente, Sermos Galiza conta con 800 accionistas, entre os que se atopan, ademais da CIG, militantes da UPG ou do Movimiento ao Socialismo e de determinadas entidades culturais e ecolóxicas como Adega ou A Mesa.

 

Militantes da CIG que informaron a GC sobre este mail amosaron a súa sorpresa por esta mensaxe. Así, aseguran que non se opoñen a que a Executiva Confederal recomende o apoio aos medios en galego, pero critican que se pida este apoio só para un e non para os varios que existen en galego, incluído o mensual en papel Tempos Novos.

 

Novos medios en galego

 

É certo que varios xornais en galego morreron nos últimos anos (A Nosa Terra, GZ Nación, A Peneira, Galicia Hoxe...), pero xurdiron outros nos últimos meses, ademais de Sermos Galiza, que volveron a ocupar un oco necesario no panorama informativo galego; Praza Pública, Dioivo ou Disquecool. Estes medios, xunto con outros que xa levan anos consolidados, como Tempos Novos, o propio Galicia Confidencial ou emisoras radiofonicas coma Radiofusión, entre outros, loitan por manter a dignidade do galego coma medio de comunicación.

 

Precisamente, case 30 espazos de comunicación en galego, entre os que están De luns a venres, Novas da Galiza, GG, Radiofusión, Tempos Novos, Praza Pública, Disquecool e outros de ámbito comarcal coma quepasanacosta, Certo ou Crónica3, entre outros, lanzaron a iniciativa 'Vitaminas para o galego', precisamente, para que a sociedade galega se conciencie da necesidade de apoiar os medios en galego. Varias das actividades que organizou esta agrupación de medios resultaron un éxito, especialmente, a realizada o pasado 17 de maio. Vitaminas para o Galego só conta coa colaboración dos medios que a integran e de diversas entidades de defensa da lingua pero, ata o momento, ningunha organización sindical ou política pediu o apoio expreso para esta iniciativa.

 

*********************************

 

From: Confederación Intersindical Galega

Sent: miércoles, 20 de junio de 2012 14:22

To: undisclosed-recipients:

Subject: Xornal Sermos Galiza

 

Sermos Galiza, en papel, desde o día 8 de xuño

 A Confederación Intersindical Galega acordou apoiar o proxecto de comunicación Sermos Galiza, ante o abafamento dos medios en galego que se publicaban en papel e a necesidade de contarmos cun medio de comunicación libre, crítico e galego, con Galiza no seu foco de atención e que se exprese na nosa lingua.

Sermos Galiza pretende ofrecer á cidadanía un produto informativo novo e distinto, que defenda os intereses da Galiza na nosa lingua, que cree redes de participación e sexa a voz da cidadanía e dos movementos sociais. Un proxecto, en definitiva,  colectivo que nace e se desenvolve pola forza e o entusiasmo dos e das que cremos neste país e no seu futuro.

A Executiva Confederal da CIG xa lle deu o seu respaldo, pero a súa viabilidade depende, en última instancia, do apoio –non só moral, senón tamén económico- de todas as persoas que defendan o dereito dos galegos e galegas a ser e existir como pobo e como nación e a estaren informadas/os para poder debater ideas en liberdade.

O xornal dixital botou a andar o pasado 16 de abril e desde o 8 de xuño está na rúa a edición en papel. A CIG anímache a facer a subscrición, que podes cubrir neste enlace.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 81 comentarios

29 traballador galego

Deixense de victimismos os que din que é unha actitude correcta e que se dispara contra a CIG. Atrévanse a facer algunha aportación intelixente por favor, polo ben do nacionalismo. Quen esto suscribe é suscriptor de SG e antes tamén de XdG. Sempre lamentei que non houbese unha circular da CIG ós seus 70000 militantes para que apoiasen ó único xornal diario galego que defendeu o sindicalismo galego, o nacionalista en particular, e que poñía en portada calquera loita sindical mentres outros falaban dos sindicatos coma os culpables da crise por ser receptores de axuda. Teño moi claro porqué SG si se premia coa circular e Xornal de Galicia non. A CIG representa ós traballadores galegos, non só a unha parte, os medios galegos estánse polarizando polas escisións no nacionalismo, a CIG toma partido.

1 traballador galego

Desde logo, espero que os traballadores manteñamos a unidade sindical nacionalista polo ben do pais, a pesares das nefastas decisións sectarias dos que dirixen o sindicato. Reflexionen sobre o que digo e debatan con ideas por favor.

2 Un que sabe de que vai o conto

A postura corrcta da CIG seria un apoio decidido a tódolos medios en galego e de esquerdas. Iso iria en consonancia coa súa liña de traballo sindical. Por que non o fai? Seguramente que, como ata agora no BNG, existe algún núcleo ·"duro" que deide por toda a Organización. Aí, ao meu ver, está o problema. Colaborar con medios afíns, SÍ; pero con todos.

28 Non hai razón

Milito na CIG dende fai decada. Non recibín a misiva. Máis vale. Estou canso da pozo no que se funde a CIG con liberados que nunca traballaron en nada, con aportacións de miles de euros a iniciativas como Sermos Galiza. Estou canso de que a CIG seña un centro de día para os que decidan os seus liberados, que son da CIG porque non lles pagan máis en CC.OO ou na UXT. Que asco. Pero vou protestar dende dentro

27 Spidercan

A ver si nos enteramos dunha vez por todas. Gustariame que o 90% da povoación galega lera o NOVAS DA GALIZA e estiveran a piques da revolución. Pero o escenario é ben distinto. Por eso, gústame SERMOS GALIZA, GALICIA CONFIDENCIAL, PRAZA, DIOIVO, TEMPOS NOVOS, etc. Non estou con moitas das linha editoriais pero 1.000 veces melhor eso que nada. A ver listinhos: Que é melhor ler LA VOZ DE GALICIA ou SERMOS GALIZA si és independentista? Se cadra, para vós e melhor ler LA VOZ.

1 lugués

Ben falado, salvo un pequeno detalle... GC, Praza, Dioivo, Tempos, e tamén Novas, Mundogaliza, Diário Liberdade... non son apoiados pola CIG. Mentres Sermos e tamén La Voz si que conta coa publicidade da UPG, véxase o ben que se porta a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que por suposto paga o BNG do seu peto, mais para disimular estampa o logo da deputación... En ocasións os pequenos detalles marcan a diferenza!

2 Hermerico

Spidercan, o teu plantexamento é absolutamente reaccionário, a quem se lhe atragante o Novas que leia La Voz, nada de médias verdades, sistémico do regime sem pretensons progres ou alternativas.

3 Un acérrimo lector de prensa

Imos ver, Spiderman, ler Novas da Galiza non é estar metidos nunha revolución, ou si? Novas é un xornal moi digno que ten unha linea editorial concreta e que aposta decididamente pola independencia e o soberanismo. Moitos coincidimos no mesmo só que non temos o valor de facelo público como fan dende Novas. Non te confundas; le de todo e procura "rumiar" adecuadamente. Logo decide o que fas coa información recibida, pero non lle poñas portas á liberdade.

26 Spidercan

Os que trabalhan conmigo mercan LA VOZ DE GALICIA en papel e gústalhes moito e algún espabilado ata merca EL PAÍS en papel. Os bares están cheos destes xornais.Outros vén Intereconomía. Tenho que trabalhar. Ata logo. Os adolescentes que nunca trabalharon que critiquen o que senha, que para eso están. Para crear `polémicas e dividir aínda máis ao soberanismo.

25 Wmra

A ver se quitan dunha puñeteira vez os subsidios aos sindicatos a ver se esta panda de liberados son quen de vivir dos "70.000" afiliados jeje.

1 Un acérrimo lector de prensa

A prensa no resto do mundo ten sempre "un amo" detrás; ben sexa un señor supermillonario que aposta por uns ou por outros candidatos segundo lle interese en cada momento; ben sexa un grupo empresarial( un lobby) deses que sabemos controlan os medios e aos políticos incluidos. ¿Prensa libre? Que ven sendo iso nun mundo controlado polo capital? Que un sindicato axude a un medio que, ademais sabemos de que pata coxean o medio e o sindicato, a que alporiza? Aos lectores acérrimos de prensa que non atopan un medio inependente nos quioscos? U-los eses lectores? Logo, como cren que pon un medio na rúa? Ahipocresía é unha mala herba que non deixa medrar nada ao seu redor. Os lectores de prensa, os poucos que quedamos, coñecemos perfectamente as mensaxes que nos chegan dos distintos medios, chámense Faro, Voz, Pais, Sermos Galiza, Praza Publica, Galicia confidencial, etc. Onde está o problema? Nós somos o problema.

2 ZZZ

Si, é mais libre o Granma ou érao o Pravda si jeje... en fin...