Temas: MORTE ACCIDENTE

Un morto e dous feridos graves tras chocar dous coches en Brión

Dous vehículos impactaron cando circulaban á altura do punto quilométrico 12 da AC-543, nos Ánxeles.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2019 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu e outras dúas resultaron feridas de gravidade nunha colisión entre dous turismos á altura do municipio de Brión.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Arquivo.

O accidente ocorreu preto das 12,00 horas. Dous vehículos impactaron cando circulaban á altura do punto quilométrico 12 da AC-543, nos Ánxeles, no concello coruñés de Brión.

A esa hora, particular solicitaba axuda ao 112 Galicia, que alertou do ocorrido ao 061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Xallas e aos membros do GES de Brión, ademais de Policía Local e efectivos de Protección Civil.

Tras ser liberados, os dous feridos e ocupantes do mesmo vehículo foron trasladados ao Hospital Clínico Universitario de Santiago, un en ambulancia e o outro no helicóptero do 061 desprazado ata o lugar debido á gravidade do seu estado.

Temas: MORTE ACCIDENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta