Intervidos case 100 quilos de marisco e o vehículo no que o transportaban en Ferrol

A Policía Local de Ferrol interveu case 100 quilos de marisco e o vehículo no que transportaban o produto, informaron fontes deste corpo municipal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2019 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ferrol interveu case 100 quilos de marisco e o vehículo no que transportaban o produto, informaron fontes deste corpo municipal.

Axentes que levaban a cabo labor de prevención na seguridade cidadá observaron a pasada semana a tres homes na parte traseira dun coche que, ao velos, "pecharon o maleteiro de forma apresurada", relatou a Policía Local.

Por iso, tras comprobar a documentación que levaban consigo e revisar o interior do vehículo, os axentes atoparon seis capachos con 24 quilos de ameixa xapónica, 45 de berberecho e 30 de ameixa babosa, todo iso comisado pola Policía Local.

Tanto o coche como o marisco que contiña foron trasladados ao depósito de Sánchez Aguilera, concretaron as mesmas fontes policiais, que quedou a disposición da Consellería do Mar.

Así mesmo, procedeuse á incautación das chaves do vehículo, dunha báscula de man dixital e de 854 euros, que quedaron a disposición da Xefatura da Policía Local de Ferrol. Mentres, o marisco intervido foi sementado de novo na Ría de Ferrol.

A POLICÍA LOCAL DE FERROL INTERVÉN CASE 100 QUILOS DE MARISCO NUN VEHÍCULO.. POLICÍA LOCAL DE FERROL
A POLICÍA LOCAL DE FERROL INTERVÉN CASE 100 QUILOS DE MARISCO NUN VEHÍCULO.. POLICÍA LOCAL DE FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta