Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2019 | Actualizada ás 16:01
A cabeza de lista de Cidadáns ao Congreso pola Coruña, María Vilas, reclamou que se cumpran os prazos para a chegada do AVE a Galicia, unha comunidade que "está estancada" e necesita "infraestruturas do século XXI". "Non queremos comunidades de primeira e de segunda", sinalou este mércores en declaracións aos medios nas inmediacións da estación de ferrocarril de Santiago.
Alí, María Vilas indicou que "o AVE a Galicia é prioritario", polo que lamentou "que non se estean cumprindo os prazos". "A responsabilidade é do PP e do PSOE. Hai que cumprir cos prazos e os tramos que xa están licitados", remarcou a candidata.
A continuación, apuntou que o "bipartidismo" é "experto" en "facer promesas que logo non cumpre" e puxo como exemplo diso a EDAR de Santiago ou a ampliación de Alfonso Molina e a ponte da Pasaxe, ambas na Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.