Candidatos do PP piden ao Goberno que non tome medidas que "hipotequen" o futuro das Pontes

Un grupo de candidatos veñen de entregar unha carta dirixida á ministra de Transición Ecolóxica na que esixen un "comportamento responsable" en política enerxética e cambio climático.

Por E.P. | A CORUÑA | 07/11/2019 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

Candidatos do PP ao Congreso e ao Senado pola Coruña entregaron, no rexistro da Delegación do Goberno, unha carta dirixida ao Goberno en funcións e, en particular, á ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, reclamando que non se tomen medidas que "cuestionen ou hipotequen" o futuro da central térmica das Pontes a poucos días da celebración das eleccións xerais.

No seu escrito, ante a situación existente nas Pontes xerada polo anuncio de peche da central térmica desta localidade, solicitan ao Executivo en funcións "un comportamento máis responsable que o demostrado ata agora en política enerxética e cambio climático".

Así o explicou tamén, en declaracións aos xornalistas, un dos candidatos asinantes da carta, Juan Juncal, quen pediu ao Goberno que non leve a cabo ningunha actuación que "condicione o futuro da política enerxética", dixo en particular sobre As Pontes e sobre o sector electrointensivo.

Ademais de cuestionar a súa política nesta materia, no escrito critican que a ministra anuncie "agora que incluirá As Pontes nos programas de transición xusta".

"Presenten primeiro o programa, que actuacións levarán a cabo...", expoñen na carta, na que reprochan ao PSOE actuar nos seus gobernos da mesma maneira. "Primeiro o peche e logo plans de reconversión que fallan", expoñen citando como exemplo o sector naval en Ferrolterra.

Candidatos do PP e o Senado entregan un escrito dirixido ao Goberno. PP
Candidatos do PP e o Senado entregan un escrito dirixido ao Goberno. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta