Cara a constitución dunha cooperativa integral galega

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/07/2012 | Actualizada ás 00:12

Comparte esta noticia

O próximo 25 de xullo ás 17:30 horas no Centro Social O Pichel (Santiago) persoas vinculadas a "projetos galegos autogestionados em marcha" organizan unha asemblea aberta.

O obxectivo xeral é avaliar a posibilidade de criar unha cooperativa integral galega "alternativa à sociedade capitalista". As finalidades concretas "autoorganizar-se desde baixo" dando cobertura para "todos os ámbitos da vida".

Participan, segundo informan os promotores, activistas de centros sociais (CS Mádia Leva!, CS A Revolta, CS Sem um Cam), do Sindicato Labrego Galego, de proxectos educativos (Associaçom Galega de Maes e Pais Agarimar, Escola Popular Galega), de medios de comunicación comunitarios, de grupos de montañismo (AMAL), da "ediçom alternativa" (Estaleiro Editora), de cooperativas (Acolá S. Coop. Galega ou Hábitat Social Coop. Galega).  Tamén "ativistas polo decrescimento" (como o coletivo Véspera de Nada ou o profesor Carlos Taibo).

None

Os promotores destacan que o cooperativismo integral xa existe noutros lugares como pode ser a Cooperativa Integral Catalá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 Breoghain

Parabéns e avante !

7 Koroshiya Itchy

6 Roberto Cabo

Únome á proposta de Víctor e animo a que se faga un esforzo de entendemento para traballar todos xuntos na constitución da cooperativa integral galega. Empecemos a cooperar desde xa. Trátase dun proxecto ambicioso para o que será preciso que todos os interesados poñamos o noso gran de area.

1 Nim

Pois que melhor sítio para juntar esforços colaborar e pôr em comum, que umha assembleia aberta? ;)

2 Nim

Pois que melhor sítio para juntar esforços colaborar e pôr em comum, que umha assembleia aberta? ;)

5 Victor

Todas estas propostas deben avanzar e converxer, porque está claro que cada vez mais xente percátase de que a transformación da situación pasa pola progresiva superación dos paradigmas actuais. De todos modos, poño en coñecemento que outra iniciativa de similar natureza estase xestando tamen neste momento http://coiga.arkipelagos.net/ Desde aquí animo a aunar esforzos e obter a máxima sinerxia entre todos os que procuramos alternativas ao sistema.

4 Eastr

Isto si que é um novo projeto comum e o demais som contos!