Francisco González afirma que o BBVA e os seus directivos traballaron sempre de maneira "íntegra e exemplar"

O ex-presidente da entidade bandona a Audiencia Nacional sen medidas cautelares tras responder a un extenso interrogatorio de Anticorrupción.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 18/11/2019 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

O expresidente do BBVA Fracisco González —natural de Chantada (Lugo)— defendeu a actuación da entidade e os seus directivos este luns tras declarar durante algo máis de dúas horas e media ante o xuíz da Audiencia Nacional Manuel García Castelló e os representantes da Fiscalía Anticorrupción, investigado por supostos delitos de suborno e revelación de segredos polos contratos da entidade co Grupo Cenyt, mercantil do comisario xubilado e en prisión provisional José Manuel Villarejo.

O expresidente do BBVA, Francisco González (esq), á súa chegada á Audiencia Nacional xunto ao seu avogado, para declarar como como investigado por presuntos delitos de suborno e revelación de segredos
O expresidente do BBVA, Francisco González (esq), á súa chegada á Audiencia Nacional xunto ao seu avogado, para declarar como como investigado por presuntos delitos de suborno e revelación de segredos | Fonte: Europa Press

"Unha vez que termine esta investigación quedará moi claro que o Grupo BBVA e os seus directivos traballaron sempre dunha maneira íntegra e dunha maneira exemplar, sen prexuízo, como é lóxico, de que houbese algunha conduta irregular de carácter individual que eu neste momento descoñezo", sinalou aos medios á súa saída da Audiencia Nacional.

Nunha breve declaración sen preguntas, González explicou que contestou "con toda transparencia e toda claridade" ao instrutor e ao Ministerio Público, en liña coa posición que xa manifestou nun comunicado o pasado mes de xullo, cando anunciou que estaba "máximamente interesado" en declarar.

"En maio de 2018 tivemos coñecemento de que o Grupo Cenyt prestara algúns servizos ao Grupo BBVA. Inmediatamente abrimos unha investigación para determinar o alcance deses traballos. Posteriormente, abriuse unha peza xudicial", relatou ante a prensa tras someterse a un extenso interrogatorio dos fiscais Anticorrupción.

Por último, defendeu que o BBVA "é unha gran institución internacional enormemente respectada que traballa en beneficio de clientes e accionistas" e "tamén presta servizos relevantes á sociedade".

González está investigado xunto a outros directivos e exdirectivos do banco na peza separada número 9 do caso Tándem sobre as actividades presuntamente ilícitas de Villarejo e en concreto, sobre os traballos que estaría desempeñando para o BBVA durante 13 anos e por importe superior aos 10 millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Iamato

A súa declaración lémbrame ó famoso "todo es mentira, salvo alguna cosa..." do Raxoi. Tal para cual, dous paxaros de coidado. Sábanse intocables e actuan en consecuencia. A Cosa Nosa.