Tanxugueiras descobre o seu novo son en 'Contrapunto', un disco que explora os límites da música tradicional

O grupo lanza o seu novo traballo, no que reivindica a música "feita desde a tradición pero sen amarres no pasado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2019 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

O grupo Tanxugueiras lanzou este venres o seu novo disco, 'Contrapunto', no que explora os límites da música tradicional "sen corpiños".

Tanxugueiras.
Tanxugueiras.

No seu segundo álbum, Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro reivindican a música "feita desde a tradición pero sen amarres no pasado".

Xa dispoñible nas principais plataformas dixitais para a súa escoita, estará en tendas físicas e á venda en liña a partir do próximo 29 de novembro.

Tamén se poderá adquirir nos concertos do grupo e no Culturgal, en Pontevedra, onde ofrecerán un 'showcase' o vindeiro sábado día 30.

Coproducido por Isaac Palacín, o disco reivindícase no marco dun "novo concepto", o 'trad', un selo característico "entre a tradición e as novas formas de cultura urbana".

Tanxugueiras dará catro concertos iniciais de presentación do seu segundo disco, un por provincia, que comezan o venres 29 en Mos, continúan o 5 de decembro en Celanova, o 14 en Burela e o 2 de febreiro na sala Capitol de Santiago. As entradas están xa á venda na web do grupo (www.tanxugueiras.com) e en www.enterticket.es.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta