Piden ao conselleiro de Medio Rural que explique a situación da súa adega familiar en Ribadavia

Grupo Común da Esquerda esixe a José González que aclare a suposta sanción imposta por Patrimonio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2019 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

O Grupo Común da Esquerda esixiu ao conselleiro de Medio Rural, José González, que explique a situación da súa adega familiar en Ribadavia (Ourense) despois de coñecerse unha suposta sanción imposta por Patrimonio.

O conselleiro de Medio Rural, José González.
O conselleiro de Medio Rural, José González.

"Un representante do Goberno galego, se quere esixir o cumprimento da legalidade á cidadanía, ten que empezar por dar exemplo", indicou o viceportavoz parlamentario Antón Sánchez.

O grupo rexistrou unha serie de iniciativas na Cámara galega na que solicitan ao titular de Medio Rural que demostre "que non utiliza a súa posición no Goberno para un beneficio particular".

En concreto, as informacións relacionan a adega propiedade da familia de José González —quen, segundo a súa declaración de bens, non forma parte do negocio desde o seu nomeamento como conselleiro— cunha sanción aberta por Patrimonio pola construción dunha estrutura para eventos a menos de 20 metros dun edificio protexido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta