A asociación Rosalía de Castro de Cornellà celebra o 33 aniversario do seu certame de poesía

O secretario xeral de Política Lingüística expresou a súa satisfacción pola "continuidade e boa saúde dun certame poético dos máis destacados, non só da Galicia emigrante, senón tamén da territorial".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2019 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este sábado na sede da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà no acto de 33º aniversario do certame de poesía Rosalía de Castro co que a entidade clausurou as súas xornadas culturais 2019.

O representante da Xunta expresou a súa satisfacción pola "continuidade e boa saúde dun certame poético dos máis destacados, non só da Galicia emigrante, senón tamén da territorial". Neste sentido, reivindicou a "nómina de autores que viron premiadas as súas composicións nos últimos vinte anos e cuxos textos ven agora a luz".

No encontro presentáronse tamén as obras Certame de poesía Rosalía de Castro (1997-2018), unha edición da Xunta que recompila os textos de 49 poetas galardoados nos últimos 20 anos nun premio que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo e a novela 'O pasado de Nácara', de Pura Salcedo.

A poeta Rosalía de Castro.
A poeta Rosalía de Castro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta