Miranda representará o BNG na presesión do Exame Periódico Universal de Dereitos Humanos da ONU

Xunto ao resto de representantes, levará á axenda do encontro cuestións como a Lei Mordaza, os dereitos lingüísticos, ou o veto ao acceso a documentos relacionados coa a ditadura, entre outras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2019 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa, estará presente este martes en representación desta formación e da Fundación Galiza Sempre na presesión do Exame Periódico Universal (EPU) de Dereitos Humanos.

Este encontro celebrarase coincidindo, precisamente, coa conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos, e impúlsase co obxectivo de ofrecer unha plataforma internacional na que diferentes organizacións civís poidan expor e propor aqueles temas de requiran de maior atención nesta materia.

Miranda acudirá xunto a unha ampla delegación de representantes da sociedade civil do Estado, que levarán á axenda do encontro cuestións como a Lei Mordaza, os dereitos lingüísticos, ou o veto ao acceso a documentos relacionados coa a ditadura, entre outras.

"Hai que terminar coa herdanza da ditadura franquista e denunciala en todas as institucións internacionais, tanto na Eurocámara como na ONU", sinalou.

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, no Parlamento europeo. BNG - Arquivo
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, no Parlamento europeo. BNG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Levamos algúns meses vendo a fotografía de Miranda no Parlamento Europeo, pero se non estou equivocado esta muller de momento é só BECARIA e non ten representación algunha no PE (seica tócalle o derradeiro ano de mandato aló polo 2023) / Así que de momento non fóra mala cousa evitar FAKES e cambiar a fotografía que acompaña a esta muller... Hoxe seica estaba INVITADA por formar parte dunha FUNDACIÓN ! http://www.galizasempre.org/padroad...