Por Galicia Confidencial | Ourense | 04/08/2012 | Actualizada ás 10:21
O anuncio de Rafael Villarino, alcalde socialista de Amoeiro, de que embargará as contas do Bispado de Ourense se non paga o IBI correspondente aos seus terrenos pode rematar nos tribunais.
E é que a Igrexia ourensá recurriu ao asesoramento de expertos avogados para analizar a situación. Polo momento, non fixo efectivo o pago dos 3.500 euros que lle correspondían tras a aprobación do novo plan de urbanismo de Amoeiro. O prazo rematou o pasado 25 de xullo.
Débedas
Por iso, e tras dous anos de atrasos no pago, o concello procedeu a notificar que a débeda que, cos intereses, pasa a ser de algo máis de 4.000 euros. Ademais, notificouselle ao Bispado de Ourense que podían reclamar polo contencioso administrativo e que, se non pagan, a recarga pode aumentar ata o 20%.
Pero, o Bispado acudirá, con toda seguridade, ao Contencioso Administrativo antes de setembro, antes de facerse efectivo o segundo recargo. E é que está a estudar a posibilidade de pedir a anulación dese pago e, ademais, non descarta denunciar ao concello por prevaricación.
A lei
Segundo a Lei de mecenado hai edificios propiedade da igrexa exentos e outro non. Esta lei recoñece as exencións previstas nos acordos igrexa-estado que son:
1. Os templos e capelas destinados ao culto, e así mesmo, as súas dependencias ou edificios e locais anexos destinados á actividade pastoral.
2. A residencia dos Bispos, dos Cóengos e dos Sacerdotes con Cura de almas.
3. Os locais destinados a oficinas, a Curia Diocesana e a oficinas parroquiais.
4. Os seminarios destinados á formación do Clero Diocesano e Relixioso e as Universidades eclesiásticas sempre que impartan ensinos propios de disciplinas eclesiasticas.
5. Os edificios destinados primordialmente a casas ou conventos das Ordes, Congregacións Relixiosas e Institutos de Vida Consagrada.ç
Precisamente, o Bispado de Ourense xa presentou un primeiro recurso de reposición desestimado polo Concello de Amoeiro no que apelaba ás exencións previstas no Concordato e a Lei de Mecenado, e argumentando ademais que as leiras suxeitas ao imposto de IBI segundo a actualización catastral de Amoeiro, moitas improductivas, "están adscritas ás casas reitorais".
A Igrexa ourensá di que tampouco están a salvo de pago as oito residencias dos curas ás que ampararía a lei para non pagar a contribución. O Concello cargou o recibo pola taxa de lixos --400 euros en total-- aínda que "todas abandonadas edúas mesmo en estado case ruinoso", din fontes eclesiásticas.
Demanda
Varios sectores ultracatólicos insisten en que a medida é anticonstitucional e xa lle recomendaron á Igrexa ourensá que analice a posibilidade de presentar unha demanda por "prevaricación" ao concello e ao seu alcalde. Tamén relixiosos da contorna e os propios párrocos de Amoedo opoñense á medida e xa a criticaron públicamente en actos litúrxicos.
Hai uns días, Rafel Villarino expuña as razóns do concello para que o Bispado pague o IBI:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.