Villares pide que Rajoy e Ana Pastor "paguen a subida" das peaxes na AP9 porque "son os responsables"

En Marea asegura o incremento non se produciría se a autoestrada fose de titularidade autonómica, algo que "o PP vetou".

Por E.P. | Compostela | 10/12/2019 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, reclamou que o incremento das peaxes na AP-9 a partir do 1 de xaneiro "sexa pagado por Ana Pastor e Mariano Rajoy", xa que, para o maxistrado en excedencia, "son os responsables" da decisión de Audasa por vetar " durante meses" o debate sobre a posición unánime do Parlamento galego para reclamar a transferencia da infraestrutura.

"Os responsables do incremento deben ser quen asuman o pago da diferenza", aseverou Villares nunha rolda de prensa celebrada este martes no Parlamento de Galicia, onde pediu á conselleira de Infraestruras e Mobilidade, Ethel Vázquez, que compareza de 'motu proprio' ante a Cámara.

"O debate hai que dalo na Cámara, non en titulares de prensa", manifestou o portavoz de En Marea, que lembrou que "foi o PP quen renovou" a concesión a Audasa e "vetou durante anos" que o Congreso debatese sobre o traspaso para xestión autonómica, cuestión que quedou suspendida polo fin da lexislatura no Estado.

"Ana Pastor, como presidenta do Congreso, vetou ata en catro ocasiones que se discutise a posición unánime do Parlamento de Galicia", incidiu Villares, que insistiu en que a AP-9 "debe ser galega e gratuíta" a través de desbotar o proxecto da A-57, medida que defende En Marea desde o comezo da lexislatura en Galicia. "Somos a única forza política que di isto".

Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande, procedente de Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo
Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande, procedente de Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta