Autónomos galegos crean unha plataforma para facer fronte aos "atracos legais" da suba de peaxes na AP-9

Culpan a Xunta e Estado da situación, polo que reclaman que "asuman a súa reponsabilidad polas decisións que tomaron".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/12/2019 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

Os autónomos galegos integrados nas asociacións Agtamar e UPTA conformaron unha plataforma para facer fronte aos "atracos legais" das sucesivas subas do prezo das peaxes na AP-9 rexistradas nos últimos anos, incrementos que ven "inasumibles" para os traballadores por conta propia que teñen que desprazarse do norte ao sur galego pola Autoestrada do Atlántico.

Ponte de Rande.
Ponte de Rande.

O presidente de UPTA, Eduardo Abad, censurou que sexan os usuarios "que máis frecuentan" esta infraestrutura os que sufraguen as obras realizadas nos últimos anos, como a ampliación da ponte de Rande e a circunvalación dos accesos a Santiago.

"Non só estamos entre todos os usuarios financiando a viabilidade da empresa privada concesionaria, senón que ademais estamos a lles proporcionar a través das obras realizadas unha maior capacidade de tráfico e por tanto de clientes na mesma", indicou.

Neste sentido, avanzou a creación dunha plataforma prfoesional que terá "como único obxectivo reverter a actual situación pola que están a atravesar diariamiente máis de 10.000 profesionais autónomos e pequenos empresarios no desenvolvemento da súa actividade".

As asociacións promotoras da plataforma indican que a ela se sumaron xa APE-Galicia, a organización Feaga e ATA Galicia, colectivos que representan a un cuarto dos 200.000 traballadores autónomos da comunidada.

Así, fixan como primeiro obxectivo conseguir unha reunión co ministro de Fomento en funcións, José Luís Ábalos; así como "coordinar as accións que desde a Xunta e outras administracións levan a cabo sbore as tarifas que se aplicarán".

"Esta situación ten como responsables directos aos executivos do Estado e aos da comunidade autónoma, que non poden ser alleos ao problema. Esiximos o seu compromiso e que asuman a súa responsabilidade polas decisións que se tomaron no pasado coas ampliacións da concesión e as prórrogas sucesivas", engaden as asociacións Agtamar e UPTA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta