Feijóo pedirá a Sánchez que cumpla cos temas da axenda galega na rolda dos presidentes autonómicos

O presidente galego esixiralle que "pague o diñeiro que debe" á comunidade e tratará a situación de Alcoa e da planta das Pontes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2019 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, falará este martes co presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, dentro da rolda de contactos que o candidato á investidura manterá cos presidentes autonómicos, e que se iniciará con Iñigo Urkullu e con Quim Torra.

Nesta conversación telefónica, tal e como adiantou o pasado xoves tras o Consello da Xunta, Núñez Feijóo trasladará a Sánchez a axenda "cos problemas de Galicia", entre os que destacou que "o primeiro" que lle esixirá ao socialista é que "pague o diñeiro que debe" á comunidade.

Así o refire o presidente galego en relación aos 700 millóns que demanda a Xunta ao Estado e que provocaron que en decembro estea a haber "tensións de tesouraría como nunca as había". Entre outras cuestións, Núñez Feijóo buscará tratar tamén con Sánchez as dificultades de Alcoa na Mariña lucense e da planta térmica das Pontes.

O futuro das familias que viven da madeira e a seguridade das conserveiras na costa galega estarán, así mesmo, na carteira galega dunha rolda de contactos que o presidente da Xunta confía en que non se converta nunha ferramenta para "blanquear" pactos con independentistas.

Feijóo e Pedro Sánchez na Moncloa. @SANCHEZCASTEJON - Arquivo
Feijóo e Pedro Sánchez na Moncloa. @SANCHEZCASTEJON - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta