Pontevedra busca homolar a súa "autopista" de bicicletas de 303 quilómetros

A Deputación de Pontevedra presentará candidatura para entrar no EuroVelo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2019 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra presentou a candidatura da provincia para entrar no EuroVelo, unha rede de 16 rutas de longa distancia que conectan todo o continente europeo con itinerarios ciclables tanto de uso turístico como para a vida cotiá, avalados pola Federación Europea de Ciclismo.

Este mércores celebrouse unha reunión cos concellos beneficiados e colectivos ciclistas da provincia de Pontevedra na que estiveron presentes o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez -impulsor da iniciativa-, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a directora de Turismo da Xunta, Nava Castro, así como responsables da Coordinadora Estatal EuroVelo, da Federación Portuguesa de Ciclismo, e tamén representantes de axencias de cicloturismo internacionais.

O deputado Uxío Benítez explicou que a candidatura pontevedresa ao EuroVelo xurdiu fai tres anos na Mesa pola Mobilidade Ciclista, cando os colectivos ciclistas pediron ao departamento de Mobilidade da Deputación que tomase a iniciativa. Fíxose entón unha reunión con Turismo da Xunta de Galicia na que se chegou a un acordo para que a institución provincial elaborase un proxecto e definise por onde debía pasar.

Ademais, tamén se instou á Deputación da Coruña para que se sumase á iniciativa e continuase o percorrido desde Catoira ata Fisterra, xa que a Xunta xa estaba a traballar para ligar as dúas rutas coa extensión da Ruta 3, do Camiño de Santiago. O obxectivo da candidatura, segundo explicou Uxío Benítez, é que a provincia de Pontevedra forme parte das rutas do EuroVelo cunha extensión da Ruta 1 coñecida como 'Atlantic Coast'.

303 QUILÓMETROS

Creouse, así, un percorrido duns 303 quilómetros e beneficiando a 26 concellos -sobre todo costeiros-, entre Tui e Catoira. Desta forma continúase a actual ruta EuroVelo de Portugal que a día de hoxe finaliza en Caminha.

O deputado nacionalista mostrouse confiado en que a Federación Europea de Ciclismo dará o seu visto e prace á candidatura no próximo trimestre de 2020. Tamén subliñou a importancia e as repercusións positivas que terán as rutas de cicloturismo en canto a rendemento económico a medio e longo prazo para os territorios polos que pasan, lembrando que o cicloturismo move moitísimos visitantes cun perfil económico medio-alto.

Un carril bici
Un carril bici | Fonte: Turismocarballo.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Que máis quixeramos algúns que esta PROPAGANDA chegara a materializarse algún día (?) Pero os que levamos padecendo as mentiras e medias verdades do tandem Abel & Carmela xa sabemos que unha cousa el falar e outra ben distinta dar trigo ! Curioso tamén que o impulsor da idea (EuroVelo máis vella que Matusalem) sexa un deputado de Tomiño que leva 9 anos sen abrir a boca... será que as cousas de palacio van sempre moi despacio! Só pediría algo máis de sentidiño se chegan a facer o carril algún día que non volvan investir en FORMIGÓN http://gamela00.blogspot.com/2012/0... que é o único que saben facer TODAS ! Carmela é experta !!!

1 Gamela

Por fin podemos verlle a cara a un ASASINO MULTIPLE que nin siquera abre a boca! Os medios seguen tratándoo de ANCIÁN cando deberan dicir ASASINO DESALMADO! Dúas mortes e unha vida rota por incapacidade absoluta e nin siquera é capaz de pedir PERDÓN !!! https://gamela00.blogspot.com/2016/...