O PSOE coruñés denuncia que o 30% dos recursos de Sanidade van "ao medicamento privado"

Alerta tamén "do problema de financiamento da sanidade pública galega, cunha poboación maior de 65 anos que aumenta cada ano".

Por E.P. | A CORUÑA | 19/12/2019 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A Comisión de Sanidade e Saúde da Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña denunciou que "a día de hoxe, o 30% dos recursos da Consellería de Sanidade marchan ao medicamento privado ou concertado e o 17% do gasto xeral acaba nos concertos cos centros".

Nun comunicado alerta tamén "do problema de financiamento da sanidade pública galega, cunha poboación maior de 65 anos que aumenta cada ano". "E cada vez menos recursos por erros na xestión", sostén. Ademais, apunta que aos concertos "sóbeselles anualmente o IPC, pero ese IPC nunca repercute nos salarios dos traballadores da sanidade pública".

Os socialistas coruñeses denuncian tamén "as carencias dos centros de saúde en períodos vacacionais" e avanzan que pedirán á executiva provincial que apoie todas as protestas e folgas relacionadas tanto na asistencia primaria como especializada.

O PSOE denuncia o problema de financiamento da sanidade pública galega, cunha poboación maior de 65 anos que aumenta cada ano. XUNTA
O PSOE denuncia o problema de financiamento da sanidade pública galega, cunha poboación maior de 65 anos que aumenta cada ano. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 APL

¿Qué é un medicamento concertado? A pasti que toma cada día alguén con vih cóstalle ao sergas uns 22€. E claro, aquí non caben xenéricos porque os novos medicamentos son cada vez menos tóxicos, incluso algúns son inxectables, de liberación retardada e o doente vai pincharse unha vez cada dous ou tres meses. Claro, son caros, pero estamos no primeiro mundo. Seguindo páxinas de sanidade en Fb vexo moita desquiciada, traballadoras moi cheas de odio. Espero que sexan minoría porque non estou descontento co trato que recibo cando vou ao médico.