Común da Esquerda denuncia que a Xunta "facilita o negocio" das casas de aposta

Eva Solla retou o Grupo Parlamentario Popular e a Xunta de Galicia a presentar a súa nova normativa no prazo de dous meses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2019 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Común da Esquerda denunciou que a Xunta pretende ampliar o horario de apertura das casas de aposta e "facilitar o negocio deste lobby empresarial" pese ao "grave problema de saúde pública" que supoñen estes espazos.

Nunha rolda de prensa ofrecida este xoves na Cámara galega, a deputada Eva Solla tamén acusou o Goberno galego de "continuar outorgando licenzas" autonómicas a casas de aposta que "non teñen licenza municipal".

"A Xunta continúase pondo ao lado dos empresarios do xogo lonxe de tomar algún tipo de medida e en contra do xa anunciado", censurou a parlamentaria, que lembrou que a Administración autonómica se comprometeu a frear a aparición destes establecementos.

E é que, na súa intervención, Eva Solla lembrou que o Partido Popular votou no Parlamento de Galicia en contra dun proxecto de lei presentado polo seu grupo para "frear a proliferación" destes espazos ao asegurar que a Xunta xa traballaba na súa propia norma.

Con todo, a pesar de que os meses foron pasando, a deputada criticou que o ano finalice sen que se coñeza o texto no que traballa a Administración autonómica. "Non imos permitir que termine a lexislatura cun incumprimento fronte á promesa de frear as casas de aposta", manifestou.

Por iso, Eva Solla retou o Grupo Parlamentario Popular e a Xunta de Galicia a presentar o seu texto no prazo de dous meses. "Se en dous meses o PP non fixo entrada nesta Cámara do proxecto de lei, volveremos rexistrar outra proposición de lei que leve todas as propostas que defendemos", subliñou.

"Hai un problema grave de saúde pública e o único que fai o Goberno galego é modificar as condicións para que sigan proliferando as casas de aposta", resolveu.

A deputada do Grupo Común da Esquerda, Eva Solla, nunha rolda de prensa. COMÚN DA ESQUERDA
A deputada do Grupo Común da Esquerda, Eva Solla, nunha rolda de prensa. COMÚN DA ESQUERDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Por que non a soporto...? Será porque todo o que dí parece mentira ? https://i.gal/gamela05