PSOE e Podemos decididos á "recuperación inmediata" do Pazo de Meirás

Tamén prevén auditar os bens expoliados polo franquismo e retirar a simboloxía franquista dos lugares públicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O PSOE e Unidas Podemos acordaron substituír a Lei de Seguridade Cidadá, á que se refiren como 'lei mordaza', por unha nova norma que "garanta o exercicio do dereito á liberdade de expresión e reunión pacífica", e auditar os bens expoliados polo franquismo para devolvelos aos seus titulares. Tamén "a recuperación inmediata do Pazo de Meirás" para o patrimonio público. Son medidas incluídas no pacto para un Executivo de coalición "progresista" que o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, e o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, presentaron este luns no Congreso dos Deputados.

No apartado 'Novos dereitos e memoria democrática', o PSOE e Unidas Podemos comprométense a aprobar "o máis axiña posible" unha nova lei de seguridade cidadá que substitúa a actual e que se baseará "nunha concepción progresista da seguridade cidadá" e "priorizará a garantía de dereitos e a protección da cidadanía".

En particular, a nova norma regulará o dereito de reunión, a identificación e rexistro corporal e a identificación dos axentes policiais, segundo precisan. Ademais, derrogará o artigo 315.3 do Código Penal, que prevé multas ou penas de prisión de ata tres anos para quen, de acordo con outros, coaccionen a outras persoas a iniciar ou continuar unha folga.

RECUPERACIÓN DO PAZO DE MEIRÁS

No mesmo apartado inclúese un punto titulado 'Recuperación da nosa memoria democrática', no que ámbalas dúas formacións políticas acordan "auditar os bens expoliados polo franquismo para devolvelos aos seus lexítimos titulares". Mencionan especificamente a "recuperación inmediata" do Pazo de Meirás para o patrimonio público. Este pazo señorial, situado en Sada, foi a residencia estival do ditador Francisco Franco ata a súa morte e os seus herdeiros mantivérono como parte do seu patrimonio tras a chegada da democracia.

Precisamente, a Avogacía do Estado presentou en xullo nos xulgados da Coruña unha demanda contra os herdeiros de Franco pola propiedade do pazo, unha decisión acorde coas peticións que desde Galicia se fixeron nos últimos anos para que este inmoble volva ser de dominio público.

PROGRAMA DE EXHUMACIÓNS

Así mesmo, os partidos pactaron implementar un programa de exhumaciones das vítimas do franquismo que continúan en fosas comúns e declarar nulas as condenas e sancións de tribunais, xurados e outros órganos penais, administrativos ou militares ditadas durante a Guerra Civil ou a ditadura por motivos políticos.

Pazo de Meirás (Sada) na Coruña propiedade dos herdeiros de Francisco Franco. Arquivo
Pazo de Meirás (Sada) na Coruña propiedade dos herdeiros de Francisco Franco. Arquivo

RECUPERACIÓN DA XUSTIZA UNIVERSAL

No ámbito da xustiza, o documento prevé a recuperación da xustiza universal, que foi limitada en 2014, durante o Goberno de Mariano Rajoy. Tamén inclúe o compromiso de substituír o artigo 324 da Lei de Enjuiciamiento Criminal para eliminar o prazo máximo de instrución dos procedementos penais, establecido actualmente en seis meses prorrogables, "por ser unha limitación para a loita contra a corrupción".

LEI INTEGRAL CONTRA A CORRUPCIÓN

Ademais, impulsarán unha lei integral contra a corrupción que incorporará un Estatuto do denunciante, abordarán a regulación dos 'lobbies' ou grupos de presión e regularán "de maneira máis efectiva" as condicións de incompatibilidade do desempeño profesional de actividades privadas para os servidores públicos, endurecendo as sancións polo seu incumprimento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 CastelaoPaSogama

¿Y esa "recuperación inmediata" cómo se materializa? Como no sea mediante expropiación, pagando, a coste cero va a ser que no me lo creo, por lo menos mientras no se obtenga una sentencia definitiva ¿Nos está diciendo el neofrente popular que decide el contenido de las resoluciones y de los tiempos judiciales?

1 De Galicia

Estupendo. Más votos para Vox.