O alcalde Ángel Mato asegura que "ter unha ministra de Ferrol no novo Goberno é unha excelente nova para a cidade"

Cre que a designación de Yolanda Díaz "será unha cuestión máis" para poder "pór o nome" da urbe "onde verdadeiramente lle corresponde".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2020 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), asegurou que "ter unha ministra" ferrolá no novo Goberno "é unha excelente nova para a cidade" e "será unha cuestión máis" para poder "pór o nome" da urbe "onde verdadeiramente lle corresponde".

Ángel Mato, alcalde de Ferrol, no seu despacho no Concello
Ángel Mato, alcalde de Ferrol, no seu despacho no Concello | Fonte: Europa Press.

Así se pronunciou o rexedor de Ferrol, que asegurou estar "moi contento" de que ao fin España conte cun presidente do Goberno.

Respecto diso, explicou que ten intención de dirixirse aos diferentes ministerios para trasladarlles as principais demandas que ten a cidade unha vez que estea configurado o novo goberno.

Ademais, aproveitou para asegurar que o socialsita Pedro Sánchez tivo unha "axenda propia" e puxo en valor a "celeridade" coa que asinou a orde de execución das fragatas F-110.

"Por tanto, e aínda que sexa con carácter previo, e se cadra un pouco arriscado, eu estarei encantado de que haxa unha ministra ferrolá nese gabinete", en alusión á designación como responsable de Traballo de Yolanda Díaz, quen concorreu ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra.

E é que o alcalde asegurou que tamén "estaría encantado" de que, en todas as administracións, como o Goberno da Xunta ou o Europarlamento, houbese representantes da cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta