Un morto tras caer do patinete eléctrico en Poio

A Policía Local investiga as causas deste accidente que "non está nada claro".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 12/01/2020 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A Policía Local investiga a morte dun mozo de 32 anos, veciño de Poio, mentres este domingo circulaba a bordo dun patinete eléctrico pola avenida Padre Avelino, na zona de Campelo. A investigación está á espera de recibir o resultado da autopsia, fixada para este luns.

Segundo informan fontes próximas ao caso a Europa Press, "non está nada claro" que o home falecese como consecuencia dun accidente mentres manexaba o vehículo, senón que puido sufrir unha indisposición ou "un mareo".

Por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112, recibiu o aviso pasadas as 16,00 horas da tarde por parte dunhas persoas particulares. Na chamada, relataban que se atoparon ao mozo xa tendido no chan xunto ao patinete.

Seguidamente, unha ambulancia desprazouse ata o lugar pero nada puido facer por salvarlle a vida. Tamén acudiron ao momento, avisados polo 112, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Poio.

Fontes próximas consultadas por Europa Press inciden en que "se supón" que o mozo caeu do patinete, pero aínda se investiga se faleceu por mor dun golpe na cabeza ou dunha indisposición previa.

Patinete eléctico GARDA CIVIL - Arquivo
Patinete eléctico GARDA CIVIL - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta