Divisións no Consello de CxG pola "Syriza galega"

Os ecogalesguistas apostaron por un pacto a dúas bandas con Anova e Esquerda Unida, pacto que foi rexeitado por Máis Galiza e centristas.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 02/09/2012 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

O Consello Político Nacional que CxG celebrou este sábado acabou con fondas divisións entre os membros desta coalición. Os ecogaleguistas, tal e como xa adiantara GC, apostaron por aceptar a proposta que Xosé Manuel Beiras lanzou este venres para crear unha gran coalición electoral que inclúa a Compromiso, Anova e EU.

Consello Político de Compromiso por Galicia (CxG)
Consello Político de Compromiso por Galicia (CxG)

Sen embargo, a maior parte dos membros de Máis Galiza e, especialmente, os militantes máis centristas e galeguistas desta fronte rexeitaron una coalición ao xeito de "Syriza" e propuxeron un pacto electoral, pero só con Anova.

Máis Galiza impónse

Segundo as fontes do Consello Político consultadas por GC, finalmente, impúxose a decisión de Máis Galiza. Con todo, a proposta dos ecogaleguistas contou co apoio de independentes de esquerdas e mesmo con algún membro do PNG-PG. O grupo liderado por Xoan Hermida e Manuel Dios analizará nos vindeiros días novas alternativas.

Así, a proposta da Comisión Executiva Nacional a respecto da coalición electoral ofertada á Anova Irmandade Nacionalista foi “nidiamente galega e progresista”. Báscuas apostou por respostas “audaces”, que permitan unha alternativa "realista" ao Partido Popular á vez que posibilitar “un proxecto político propio de longo percorrido coa aspiración de gobernar este País”. Con todo, a proposta de coalición só foi para Anova, non para EU.

Presentación de Compromiso x Galicia en Santiago
Presentación de Compromiso x Galicia en Santiago

Programa de mínimos

En todo caso, Bascuas insistiu na necesidade dun programa de mínimos de defensa “do autogoberno, do Estado de Benestar e da democracia con propostas realistas e  axuden a mellorar a calidade de vida da cidadanía nunha época marcada polo recurte de dereitos”. Do mesmo xeito, e a pesar das datas marcadas polo adianto electoral, Báscuas afirmou que o proceso de elección de candidatos e candidatas, a Convención Nacional de Eleccións Primarias”, “vai para adiante, porque ese foi o noso compromiso e non só falamos doutras formas de facer política, se non tamén as aplicamos”. Un proceso que se concretará o vindeiro 9 de setembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 114 comentarios

21 Procolass

Por Galiza, polo proletariado! Adiante coa frente ampla Anova-EU!!

1 NacionalPopular

Polo proleariado¡¡¡ hai que ser desvergonzados. O proletariado ten prole, vos sodes uns putos progres españois. A mamala a Cayo Lara lacayos.

2 Galicia Confidencial

Un comentario foi eliminado deste fío por conter un insulto. Este é o último aviso para o seu autor e os seus diferentes alcumes. No GC pódese opinar dende calquera punto de vista político, pero as persoas que reiteradamente insultan e menosprezan aos que pensan diferentes non teñen espazo aquí.

3 Non tan ampla

Quererás dicir pola frente ESTREITA Anova-EU, xa que son pouquiños e xa hai outra fronte dez veces máis grande que é a ampla desde hai moitos anos. Pero adiante! Pola construción naval en Cadiz, a planta de gas de Xixón, as touradas na tele e as subvencións ás procesións!

4 Procolass

Por Reganoxo en Trasancos, por un centro comercial en Massó (Cangas), por unha base militar española na Limia, pola expulsión dos indixnetes do Casco Vello de Vigo, por unha frente patriótica empufada e hipotecada con NovaCaixaGaliza,... votemos BnUpG. En bloque fodemos! (E Feijoo, con estes enfrontamentos estúpidos, frota as mans).

20 Luguês

Iniciativa Ben Común > Espazo Ecogaleguista > Espazo Ecosocialista Na sua página web têm ligações com Iniciativa per Catalunya Verds (o referente de IU), a Compromís (onde está IU de Valência), a Alternativa (cisom de Ezker Batua Berdeak, ou seja IU-Verdes do País Basco) e Iniciativa Verds (Verdes e umha cisom de IU de Baleares). Equo está associado com Iniciativa per Catalunya Verds. Lógico que estes queiram unir-se a IU e Anova. O que nom sei é que fam em CxG. Deveriam ir-se e haveria que mudar-lhe o nome a CxG.

1 valexo

unha puntualización: esquerra unida del país valenciá non pertence a compromís.

2 Balbinoooo

Estaban en CxG como cabalo de troia dunha operación españolista montada hai tempo, aproveitando o rencor do vengativo, derrotado e acabado Beiras. Traidor aá causa do seu pai.

19 Adolfo Bermúdez

PP=EU=PSOE... Puro españolerío.

1 DigoEu

E ti... puro analfabeto.

2 Adolfo Bermúdez

Abre os ollos e decataraste que insultar non te da a razón, faltón.

18 Eu mesmo

Non entendo a Beiras, fixoo ben no 1977 cando non se pasou ao PSOE e agora dalle osíxeno a un partido español.

1 DigoEu

Ti mesmo, ¿non che parece que estás resultando un chisco xenófobo, rapaz? Sigue así, que facilitas que siga a gobernar o PP. ¿É iso o que buscas?

2 Eu mesmo

Qué terá que ver un posicionamento político coa xenofobia?. Estamos apañados co nivel, a que nos agarda cando se concreten ainda máis os recortes nas escolas!. Ah, por certo, non estou nada de acordo en apoiar aos socios do PP en Extremadura ou Araba.

3 DigoEu

IU non é socio do PP en ningún sitio, mentireiro. ¿E podes dicirme que teñen que ver os recortes no ensino co que defende IU? Mira, parece que estás pedindo que te insulte, pero non o vou facer. Ti mesmo te sitúas.

17 xirarey

"Me importa un nabo Beiras" e os seu frente español.