Divisións no Consello de CxG pola "Syriza galega"

Os ecogalesguistas apostaron por un pacto a dúas bandas con Anova e Esquerda Unida, pacto que foi rexeitado por Máis Galiza e centristas.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 02/09/2012 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

O Consello Político Nacional que CxG celebrou este sábado acabou con fondas divisións entre os membros desta coalición. Os ecogaleguistas, tal e como xa adiantara GC, apostaron por aceptar a proposta que Xosé Manuel Beiras lanzou este venres para crear unha gran coalición electoral que inclúa a Compromiso, Anova e EU.

Consello Político de Compromiso por Galicia (CxG)
Consello Político de Compromiso por Galicia (CxG)

Sen embargo, a maior parte dos membros de Máis Galiza e, especialmente, os militantes máis centristas e galeguistas desta fronte rexeitaron una coalición ao xeito de "Syriza" e propuxeron un pacto electoral, pero só con Anova.

Máis Galiza impónse

Segundo as fontes do Consello Político consultadas por GC, finalmente, impúxose a decisión de Máis Galiza. Con todo, a proposta dos ecogaleguistas contou co apoio de independentes de esquerdas e mesmo con algún membro do PNG-PG. O grupo liderado por Xoan Hermida e Manuel Dios analizará nos vindeiros días novas alternativas.

Así, a proposta da Comisión Executiva Nacional a respecto da coalición electoral ofertada á Anova Irmandade Nacionalista foi “nidiamente galega e progresista”. Báscuas apostou por respostas “audaces”, que permitan unha alternativa "realista" ao Partido Popular á vez que posibilitar “un proxecto político propio de longo percorrido coa aspiración de gobernar este País”. Con todo, a proposta de coalición só foi para Anova, non para EU.

Presentación de Compromiso x Galicia en Santiago
Presentación de Compromiso x Galicia en Santiago

Programa de mínimos

En todo caso, Bascuas insistiu na necesidade dun programa de mínimos de defensa “do autogoberno, do Estado de Benestar e da democracia con propostas realistas e  axuden a mellorar a calidade de vida da cidadanía nunha época marcada polo recurte de dereitos”. Do mesmo xeito, e a pesar das datas marcadas polo adianto electoral, Báscuas afirmou que o proceso de elección de candidatos e candidatas, a Convención Nacional de Eleccións Primarias”, “vai para adiante, porque ese foi o noso compromiso e non só falamos doutras formas de facer política, se non tamén as aplicamos”. Un proceso que se concretará o vindeiro 9 de setembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 114 comentarios

6 Caius

Hermida por onde vai sementa problemas

1 Anonadado

Hermida, Mario López Rico, Palleiro, Manolo Dios,...

5 todoenorde

Pois nada, que non imos chegar ao 5% necesario, e se sacamos 1 xa seremos o Pepito Grillo do Parlamento. Que difícil é neste País chegar a un acordo de mínimos e de ámbito galego. Cantos egos que manter e intereses particulares. Frijol 4 anos máis porque lle estamos a poñer a alfombra vermella. Despois das eleccións xa poderedes seguir a hostiarvos uns con outros e o País á mer*da. Parabéns, para isto non cumpría tanta escisión rapaces.

4 Gamela

A cidadanía está farta de SIGLAS e de apaños electorais e polo que se ve ningunha das tres patas ten nada concreto que dicir! Bastaría con poñer no frontispicio electoral : ESTA DÉBEDA NON A PAGAMOS, ESTA DÉBEDA NON É NOSA! e logo veríamos quenes se poñen detrás da pancarta? :: Todo o demáis sonche parole, parole, parole... :: http://ir.gl/771364 :: Desobediencia Civil Xa!

3 Gustavo

Xoan Hermida quere "pillar cacho" a toda costa, equivocouse de cabalo, aiii, aínda vai pegar un cambiazo de última hora, a ver si o meten na coalición "boa", juas, juas...

2 Dende a esquerda

Impresionante foi ver a sordade dos ecogaleguistas e a masiva votación contra as súas teses. A redacción da nova deixa claro que vén dos ecogaleguistas. Lamentable intento de vengar a humillante derrota 90%-10%