A "Syriza galega", nas mans das bases de Anova

As direccións de Esquerda Unida e Compromiso por Galicia fan formalmente unha oferta aos irmandiños. Serán as bases de ANOVA Irmandade Nacionalista quenes decidan se aceptan a oferta.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/09/2012 | Actualizada ás 23:30

Comparte esta noticia

A executiva nacional de Esquerda Unida decidiu onte por unanimidade convocar o martes un Consello Político Nacional (CPN) extraordinario. Os comunistas organizarán asemade xuntanzas para "formar a Syriza galega que en base a un mínimo común múltiplo".

Esquerda Unida admite que a decisión de tentar formalizar un pacto "anticapitalista" con Anova non foi rápida. De feito, a reunión "alongouse até altas horas da madrugada para poder avaliar en profundidade as múltiples xuntanzas mantidas nestes últimos días coas distintas forzas galegas da esquerda real".

A candidata a Xunta, Yolanda Díaz, reclama “intelixencia, forza e xenerosidade para chegar aos puntos de encontro necesarios que permitan xerar unha alternativa con todas as voces críticas da esquerda onde primen os intereses da cidadanía e non os partidistas”.

Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común
Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común | Fonte: EI

Compromiso

Entre as reunións coa "esquerda real" estivo ANOVA, pero non o outro polo no que se organizaron os escindidos do Bloque, Compromiso por Galicia. CxG tamén fixo hoxe unha oferta de alianza aos irmandiños.

Os preto de oitenta membros do máximo órgano de dirección da organización galeguista xuntáronse hoxe en compostela para avaliar a "coalición electoral ofertada á Anova Irmandade Nacionalista de Xosé Manuel Beiras" . Xoán Bascuas, líder de CxG, quere unha oferta electoral “nidiamente galega e progresista”. O propio Bascuas xa aclarou que non se sumarán a unha proposta "anticapitalista" como a de EU, malia que polo menos unha das tres forzas que forma CxG, dialogou con EU sobre unha posíbel coalición.

A situación que estamos a vivir, segundo o líder de Compromiso, require de respostas “audaces”, que permitan unha alternativa realista ao Partido Popular de Núñez Feijóo á vez que posibilitar “un proxecto político propio de longo percorrido coa aspiración de gobernar este País”.

Do mesmo xeito, Bascuas asegura que é necesario un programa de mínimos de defensa “do autogoberno, do Estado de Benestar e da democracia con propostas realistas e que axuden a mellorar a calidade de vida da cidadanía nunha época marcada polo recurte de dereitos”.

Beiras convoca á prensa ao mediodía

Case descartado un pacto a tres bandas, á militancia de Anova quédalle pouco tempo para escoller socio ou ir en solitario. As súas asembleas locais reúnense esta fin de semana. O seu voceiro, Xosé Manuel Beiras convocou unha rolda de prensa para "dar conta dos acordos do Consello Nacional de ANOVA sobre a participación nas próximas Eleccións Autonómicas de 21 de Outubro".

Por se ANOVA non acepta a súa oferta, Compromiso xa ten organizadas as súas primarias. Estas serían previsiblemente o día 9 de setembro, se ben “cun procedemento aberto e á espera da concreción da oferta de coalición electoral, onde habería que acordar certas regras de xogo”. Na proposta aprobada hoxe escolleríanse en primeiro termo os cabezas de lista e posteriormente á Presidencia da Xunta cunhas votacións abertas a “militantes, simpatizantes e á cidadanía en xeral”.

Será pois este domingo cando probablemente haxa unha decisión cuasi definitiva de como se vai presentar a maior parte da esquerda galega á marxe do BNG. O que é evidente é que o adianto electoral pillou a uns e a outros coas negociacións con outras forzas demasiado verde , o que agora dificulta un debate sosegado entre as súas militancias.

De aí en parte que nas tres forzas implicadas (EU, Anova e CxG) haxa sectores a prol e en contra da coalición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

9 Galicia Confidencial

Un comentario foi eliminado deste fío. O seu autor será baneado deste portal por ameazar a un comentarista. Grazas aos que opinades con sentidiño e educación.

8 Un do Bloque

Son votante do BNG, unha fronte nacionalista e cunha óptica progresista indudábel. Non hai que mirar para Grécia, son dúas realidades diferentes. Para min xa existe o BNG, ollo cara trás, a súa traxectoria política e só sinto orgullo. Só desde a unidade, desde a auto-organización podemos vencer aos que fan dano a nosa terra. Agardo que algún día os que marcharon do Bloque volten.

1 maisun

Tamén sintes orgullo da operación Campeón?. E de Carrumeiro?.E da venda do vento africano? E de Reganosa? E do Quintanismo, dos millons de euros que debedes a Novacaixa Galicia.....

2 Non difames tanto maisun

Eu síntome orgulloso de que a única maneira que teñades de atacar ao Bloque sexa con mentiras noxentas ou acusacións ridículas como as que fas ti, "maisun".

7 Xanc

A culpa de que o Bloque baixe non é só de Beiras. Lembrades ao Irmandiño López Rico facendo a campaña a Santiso de IU nas Municipais 2011 na Coruña? Daquela disque aínda militaba no BNG... Ía aos mitins de IU e non moveu un dedo a prol de Carril. Algo influiría no desgaste... E agora quer pactar con IU? Normal! Nas seguintes Municipais pillaría de novo un carguiño no Concello. Aínda lembro as comilonas DIARIAS de Tello na Domus... cando estaba de Tenente Alcalde

1 abstinentes

E mentres Tello papaba na Domus, ¿ qué facían Caxigal, Mª Xosé Bravo e Hermitas ?. Xa, de abstinencia. Conste que a baixada do BNG na Coruña foi pola nefasta política municipal do BNG, compartida e coxestionada, tamén, pola UPG.

6 union

Coalición de Anova e CxG dunha vez. Ata a La Coz non lle gusta nada iso, polo tanto tampouco lle presta ao PP que é o que pon os titulares.

5 Bobes

CxG farán, pero ben, o p@rvo se finalmente non conflúen con Anova e EU. O interese de Galiza debe estar por riba de todo, e Anova, EU e, tamén, CxG deben unir esforzos e sinerxias para serlle útiles ó país e tumbar a Frijol. Xuntos a petan.

1 Lubre

Todos cantos simpatizamos, non coas ideas pseudouniversalistas e formularias, senón co “sentimento unibversal” de esquerdas formamos unha Esquerda Unida que pouco ten a ver cunha EU sucursalista. Moitos dos nados nesta Terra levamos nos xenes ese carácter e queremos ver sinceridade, non estratexias larvadas para conseguir un mesiánico postiño no Hórreo. Pido sinceridade a todos, tamén a EU. As eleccións son unha cousa, a nación, con todo o seu pasado, presente e futuro, é outra ben distinta.

2 Rei Brego

Anova, EU.... APOSTO O Q QUEIRADES Q CxG APANHA MAIS VOTOS Q ESTAS DUAS XUNTAS! Se os d Anova som 4 gatos o vimos td@s no dia da patria... e x moitas encuestas q tenhades IU nunca entrou no parlamento. O RESTO SOM CONTAS DA VELHA E TRAPALHADAS...