Allariz, no ‘top ten’ de destinos turísticos de España para 2020

Un estudo realizado pola empresa Atrápalo, axencia de ocio e viaxes online, sitúa esta vila como un dos destinos nacionais que será tendencia este ano.

Por X.M. Fernández | Allariz | 14/01/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A compañía Atrápalo deu a coñecer estes días o “Estudo de hábitos e tendencias de turismo 2020”, un dos principais estudos sobre os gustos e as preferencias dos/das viaxeiros/as españois no período 2019-2020, co gallo da súa presentación en Fitur. No mesmo analízanse os datos acumulados durante o 2019 no sector viaxes e actividades internacionais e faise unha previsión das tendencias para o 2020, ano en curso.

Estatua Festa do Boi. Foto: XMF
Estatua Festa do Boi. Foto: XMF

O traballo elabórase a partir da información recollida das reservas de produtos vacacionais, actividades e restaurantes efectuados no 2019 a través da web de Atrápalo. Grazas ao big data co que opera poden ofrecer un completo análise do comportamento dos turistas e ofrece unha interesante información ao sector turístico.

No que se refire ás tendencias turísticas para o 2020, no apartado de escapadas nacionais, Allariz ocupa o terceiro posto na lista dos dez primeiros destinos predilectos para facer unha escapada. Entre as localidades recoñecidas este ano como destinos idóneos para unha viaxe curta en territorio nacional de entre unha e tres noites, atópanse as seguintes: Rodellar (Huesca), San José (Almería), Allariz (Galicia), Villa de Valverde (El Hierro), Comillas (Cantabria), Taramundi (Asturias), Guadalupe (Extremadura), Almagro (Ciudad Real), Villafamés (Castellón) y Beget (Gerona).

Zona vella de Allariz. Foto: Xosé Manuel Fdez
Zona vella de Allariz. Foto: Xosé Manuel Fdez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

Allariz é un dos destinos mais agradables de Galicia. Ademais, ten o añadido do " Festival de Xardíns" ( una especie de rede de festivais que se fan en moitos sitios).E perto de Allarriz está a iglesia de Santa Mariña de Augas Santas, casi " xemela" da Colexiata de Xunqueira de Ambía ( tamén ao lado de Allariz), duas das iglesias románicas galegas con falso triforio.