Mario Conde vai a por todas en Galicia

O novo partido do ex-recluso e banqueiro reserva o mellor auditorio de Santiago para a súa presentación o día 15.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/09/2012 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

O contertulio televisivo e exbanqueiro Mario Conde presentarase, salvo sorpresa de última hora, ás eleccións galegas. O novo partido  Sociedad Civil y Democracia (SCD) convocou un acto o vindeiro 15 de outubro no que anunciará a decisión definitiva do ex-recluso. O que xa confirmou SCD é que estará nas urnas o 15o.

Mario Conde
Mario Conde

Fontes do PPdeG consultadas por GC recoñecen que a presencia de Conde nas urnas son malas noticias para os conservadores. Non porque crean que SCD teña algunha opción real de sacar escano, senón porque admiten que parte dos descontentos cos recortes poden escoller ao novo partido ou ao tamén españolista UPyD.

SCD empeza con abondos recursos económicos. O acto será no Palacio de Congresos de Santiago, un recinto moi grande e que ten un elevado custe para os partidos que alí organizan as súas convencións; até hoxe PSOE, PP e Bloque. Por exemplo, o BNG pasou de montar alí as súas asembleas a escoller o máis barato Mercado de Amio.

Trátase tamén dunha aposta arriscada para un partido que aínda non existe e non ten militantes, pois no Palacio de Congresos caben miles de persoas. SCD invita a todos os cidadáns, "até completar o aforo".

A Xunta Directiva de Sociedad Civil y Democracia polo de agora nomeou representante de SCD ante a Xunta Electoral ao pontevedrés Alejandro González Balboa,  até o de agora coordinador do partido no país. SCD realizará o seu congreso constituínte o 6 de outubro en Madrid. Conde xa confirmou en La Gaceta que se presentará o liderado da nova formación.

Conde, nado en Tui, xa preside a Fundación Civil para la recuperación del protagonismo de la Sociedad Civil, vinculada ao citado partido.

A formación defende, entre outros preceptos ideolóxicos, reformar o Estado das Autonomías, para crear unha estrutura que poida ser "costeada".  Electoralmente isto tradúcese nunha circunscripción única nos comicios españois. O partido tamén aposta por darlle moito máis peso ás iniciativas lexislativas populares, mesmo para revocar leis aprobadas nas Cortes.

O galego, só se o piden os pais

A nivel lingüístico propón outorgarlle aínda máis supremacía legal ao español sobre as linguas autonómicas, pois quere reformar a Constitución para que a Carta Magna fixe como "irrenunciábel" o ensino do castelán.

Para idiomas como o galego pide que "las demás lenguas españolas gozarán de protección estatal, pudiendo ser objeto de enseñanza y aprendizaje como segunda lengua a elección de los progenitores, pero nunca en detrimento del idioma oficial de España".

No eido da economía, Sociedad Civil y Democracia reclama a fin das subvencións ás asociacións de empresarios e sindicatos. Aos sindicatos tamén os quere apartar dos programas de formación dos traballadores, que pasaría a depender da Administración Central.

Por último,  nos medios de comunicación, "sin instaurar la censura previa", reclama unha lei para evitar a utilización "torticera" das cabeceiras e televisións.

Segunda aventura política

Mario Conde nace en Tui en 1948, pero a súa traxectoria profesional afastouse moi cedo de Galicia. Chegou a presidente do Banco Español de Crédito (Banesto), de onde foi botado pola Xustiza en 1993. Os xuíces condenaron ao empresario por estafa, falsedade de documentos e apropiación indebida.

Con todo, dende 2009 é famoso por ser contertulio da cadea ultraconservadora Intereconomía. En 2000, Conde liderou a candidatura estatal do CDS, pero só apañou 23.000 sufraxios en todo o Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

19 Eu acuso

Un se pregunta ainda que o imaxina, quén financia i está detrás de todos estos populistas neo fascis tas, que da noite a mañá teñen repercursión nos mass-merda e diñeiro de sobra pra financialas suas campañas.

18 xan soares

moi ben por Mario Conde, por fin alguén vai poñer caras a extrema dereita españolista agochada no PP eno PSOE, aínda así moitos van ficar no PP porque teñen máis seguro chuchar da teta pública.

17 anonimous

Este partido é unha aberración, en todos o sentidos, por non respectar a autonomia galega nin o seu idioma querendo ser el o ditador democarata, jajaja, espero que non teña nigunvoto, porque ara extrema dereita, españolismo e gañanismo esta o pp

16 Black Crow

Inteligente maniobra de don Mario. Si hay alguien tan obtuso, lerdo y gañán como para votar a un banquero corrupto con la que está cayendo, este es el votante de Baltar.

15 antiburras

Conde gosta das touradas e ten un cortijo andalú. Ben pode entrar na xiriza española dos hermanitos de beiras.

1 Burras

estas peocupado con Beiras e? Nótase moito, relaxa un pouqiño home que si te portas así de ben, ti o teu puestiño no BNG non o vas perder, ánimo

2 antiburras

Falando de postiños, cando ides devolver as actas de Teo, marchosillo?A xente voyou por un partido galego, non por unha sucursal española. Devolvede as actas, ladróns.

3 Exbeirista

Beiras está tan desesperado que vai marchar da política con unha traca ridícula final. Dentro dun mes seguro que a situación de emerxencia desaparece ao non conseguir entrar el no parlamento. Todo era por un postiño.

4 TEIXUGO.VIEIROS

***PUTA ESPiNHA CASTELHANA***