Mario Conde vai a por todas en Galicia

O novo partido do ex-recluso e banqueiro reserva o mellor auditorio de Santiago para a súa presentación o día 15.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/09/2012 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

O contertulio televisivo e exbanqueiro Mario Conde presentarase, salvo sorpresa de última hora, ás eleccións galegas. O novo partido  Sociedad Civil y Democracia (SCD) convocou un acto o vindeiro 15 de outubro no que anunciará a decisión definitiva do ex-recluso. O que xa confirmou SCD é que estará nas urnas o 15o.

Mario Conde
Mario Conde

Fontes do PPdeG consultadas por GC recoñecen que a presencia de Conde nas urnas son malas noticias para os conservadores. Non porque crean que SCD teña algunha opción real de sacar escano, senón porque admiten que parte dos descontentos cos recortes poden escoller ao novo partido ou ao tamén españolista UPyD.

SCD empeza con abondos recursos económicos. O acto será no Palacio de Congresos de Santiago, un recinto moi grande e que ten un elevado custe para os partidos que alí organizan as súas convencións; até hoxe PSOE, PP e Bloque. Por exemplo, o BNG pasou de montar alí as súas asembleas a escoller o máis barato Mercado de Amio.

Trátase tamén dunha aposta arriscada para un partido que aínda non existe e non ten militantes, pois no Palacio de Congresos caben miles de persoas. SCD invita a todos os cidadáns, "até completar o aforo".

A Xunta Directiva de Sociedad Civil y Democracia polo de agora nomeou representante de SCD ante a Xunta Electoral ao pontevedrés Alejandro González Balboa,  até o de agora coordinador do partido no país. SCD realizará o seu congreso constituínte o 6 de outubro en Madrid. Conde xa confirmou en La Gaceta que se presentará o liderado da nova formación.

Conde, nado en Tui, xa preside a Fundación Civil para la recuperación del protagonismo de la Sociedad Civil, vinculada ao citado partido.

A formación defende, entre outros preceptos ideolóxicos, reformar o Estado das Autonomías, para crear unha estrutura que poida ser "costeada".  Electoralmente isto tradúcese nunha circunscripción única nos comicios españois. O partido tamén aposta por darlle moito máis peso ás iniciativas lexislativas populares, mesmo para revocar leis aprobadas nas Cortes.

O galego, só se o piden os pais

A nivel lingüístico propón outorgarlle aínda máis supremacía legal ao español sobre as linguas autonómicas, pois quere reformar a Constitución para que a Carta Magna fixe como "irrenunciábel" o ensino do castelán.

Para idiomas como o galego pide que "las demás lenguas españolas gozarán de protección estatal, pudiendo ser objeto de enseñanza y aprendizaje como segunda lengua a elección de los progenitores, pero nunca en detrimento del idioma oficial de España".

No eido da economía, Sociedad Civil y Democracia reclama a fin das subvencións ás asociacións de empresarios e sindicatos. Aos sindicatos tamén os quere apartar dos programas de formación dos traballadores, que pasaría a depender da Administración Central.

Por último,  nos medios de comunicación, "sin instaurar la censura previa", reclama unha lei para evitar a utilización "torticera" das cabeceiras e televisións.

Segunda aventura política

Mario Conde nace en Tui en 1948, pero a súa traxectoria profesional afastouse moi cedo de Galicia. Chegou a presidente do Banco Español de Crédito (Banesto), de onde foi botado pola Xustiza en 1993. Os xuíces condenaron ao empresario por estafa, falsedade de documentos e apropiación indebida.

Con todo, dende 2009 é famoso por ser contertulio da cadea ultraconservadora Intereconomía. En 2000, Conde liderou a candidatura estatal do CDS, pero só apañou 23.000 sufraxios en todo o Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

4 Mano de Conde

Os ladróns queren voltar a oficina.

3 Vogue

Mario Conde é Rosa Díez pero en guapa XD XD XD

2 todoenorde

A río revolto, gañancia dos fach@s. Este comezou dando pelotazos en Galiza, despois no Banesto e agora xa é un estadista que "va a poner a España en el lugar que le corresponde en el concierto de las naciones que rigen los destinos de la Tierra". Por certo, que todos estes ultras agora enchen a boca co de "democracia" (o que eles queren liquidar). Tamén Franco se sublevou dicindo que era para salvar a República.

1 Ademar de Barros

O slogan de campanha vai ser "Rouba mas faz!"

1 Lamas

Que roube máis caras? Que Artur Mas rouba máscaras de entroido? Que roubar trae cousas malas? De verdade, cada vez entendo menos o idioma este da Ciencioloxía.

3 O Príncipe dos Mouros

Eu tampouco o entendín. Translation into Galician, please.

4 Ademar de Barros

Quem deixou aberta a cancela da corte dos burros? Diz-que que andam todos ceivos.

5 Realista

Eu non son ningún burro e tampouco sei qué carallo significa ise slogan ou qué pinta Mario Conde escollendo o portugués. Máis como os lusistas tedes a ilusión de que o galego e o portugués son a mesma lingua igual é que non o son. Fórono nun principio pero diso fai 800 anos e, amigo, tempo abondo para se decatar de que arestora tan só son parentes lonxanos.

6 O Príncipe dos Mouros

800 anos? Portugal independizouse (de nós, precisamente) en 1128. Fagamos o cálculo exacto: 2012 - 1128 = 884. Xa dentro de pouco imos facer os 900 anos. É case un milenio! Un milenio de desenvolvemento separado de dúas variantes lingüísticas cunha férrea fronteira polo medio durante un milenio e aínda ousan dicir que son a mesma lingua? Hahaha :D Estes nazional-sozialistas antisemitas fan que me escaralle coa risa :)

7 Xostaletal

E que carallo importarán os anos xustos se os portugueses sempre chamarán espanhois ós lusistas galegos e os galegos "portugueses" ós idem? Ou é que Portugal fixo algo por nós, os galegos? Farteime tanto de tentar facelos entrar en razón que xa logo van 10 anos sen pisar alén Miño. Nin gañas. Con isa xentiña ren. E cos lusistas ren de ren. Teñen o complexo de "a miña lingua ten xxx millóns de falantes" como podían telo de "a miña pirola é máis grande"... pero o prestixio e a utilidade dunha lingua non teñen moito que ver co tamaño... é como se usa o que importa! hehehe (a miña lingua galega será pequena pero é ben xeitosa). ;-)

8 Tastolo

Disidente!! vas ir ao/ó inferno por lusista/portuguesista/reintegracionista/imperialista luso-brasileirista... Eh pá, senchinhachem teu possuidore nominé, tá?

9 Arraiano

Sempre me pareceu curiosa a maneira na que os lusistas reproducen o argumento de "a língua que apoiamos é a mellor porque ten X-centos millóns de falantes", argumento calcado ó que empregan os supremacistas do castelán. Por non falar da consideración do galego (do "isolino", o que non dí cousas coma "greve", "embora" ou "criança") coma un "dialecto aldeán e atrasado": outro argumento cuspidiño.

10 Ademar de Barros

Ah, os espanhóis, sempre orgulhosos da sua burrice e da sua ignorância. Na vossa língua: Castilla miserable, ayer dominadora, envuelta en sus harapos, desprecia lo que ignora (Machado).

11 Coromines

Tradução para a língua culta dos isolinos: "Roba pero hace" ...

12 Arraiano

Si, ho, xa coñecemos ben o conto: o que non é lusista é castelanista-espanholista. Seguídelle zoupando a ese boneco de palla, que xa o tedes contra as cordas.

13 Coromines

Não é boneco: quem escolheu e teimou em mater o castelám como modelo e guia do vosso 'galego' (em verdade: galeñol) fostes vós próprios. Logo, agora a aturar os resultados obtidos...

14 Ademar de Barros

Eu não digo que sejades "espanholistas". Não, simplesmente sodes espanhóis, como o demonstra o feito de orgulhares-vos da vossa ignorância, uma característica "typically Spanish". Se eu encontro uma frase ou conceito que desconheço, em troques de insultar o mensageiro, documento-me e encontro isto: "Um dos slogans de campanha eleitoral de Ademar de Barros, não assumido abertamente, era 'Ademar rouba, mas faz', que, apesar de ser uma frase cunhada por seu adversário Paulo Duarte, acabou por ser o lema de sua campanha eleitoral para prefeito de São Paulo em 1957". http://pt.wikipedia.org/wiki/Ademar... Apenas espanhóis ELEGEM ficar ignorantes e se ORGULHAM disso.

15 Arraiano

A min a ortografía dame igual e non poría obxeción a pasar de "ñ" ou "ll" a "nh" ou "lh". O que non acepto é pasar de "fai" a "faz", como non acepto pasar a "hace"; nin acepto pasar de "neno" a "criança" nin a "niño"; nin cambio "folga" por "greve", esa palabra francesa importada polo portugués no s.XIX. Ese "noso" galego limita a "guía" do castelán a cuestións ortográficas coma ñ/nh e cousas así, do mesmo xeito que o fai o reintegracionismo meramente ortográfico (que me parece tamén válido); pero ningunha das dúas posturas tenta sustitui-lo vocabulario nen a fraseoloxía do galego. O "noso" galego trata de ser galego, non trata de ser outra cousa.

16 Koroshiya Itchy

"Rouba mas faz" é uma frase histórica que reproduzo literalmente. "Folga" na aceção de "greve" é um castelanismo (adaptação do castelão "huelga"). As palavras "folga" e "folgar" em galego existem mas significam outra cousa: http://www.estraviz.org/folga http://www.estraviz.org/folgar Empregar "folga" no sentido político é uma deturpação da língua galega induzida polo castelão.

17 Coromines

Pois para tanto che ter uma que outra... por que teimas em empregar a ortografia castelã?? Emprega o teu léxico galego, mas escrevendo com ortografia galego-portuguesa, que é a da nossa família e não a alheia importada castelã..