Sanidade adxudicará este sábado 41 novas oficinas de farmacia nun acto único

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2020 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade celebrará este sábado o acto público de adxudicación de 41 novas oficinas de farmacia, ao que están convocados os 604 participantes no concurso público convocado.

Segundo informou Sanidade nun comunicado, a convocatoria para este acto terá lugar a partir das 9,00 horas no salón de actos do edificio administrativo da Consellería en San Lázaro, en Santiago.

Respecto diso, Sanidade destacou que "por primeira vez", a diferenza doutros procesos de adxudicación de oficinas de farmacia, "convócase a todos os participantes admitidos a concorrer nun acto público único", coas "debidas garantías", matiza, para a elección de farmacia.

"Isto permite axilizar o proceso e reducir o tempo de elección ao propio día do acto", subliñou Sanidade, que lembrou que o procedemento polo que se rexeu o último concurso "podía prolongarse meses", xa que "cada solicitante tiña que pedir as prazas que quería e despois adxudicábanse cunha tramitación moi laboriosa".

Nesta ocasión, destacan as mesmas fontes, "co novo proceso cada solicitante por estrita orde de puntuación, elixirá o acto único de adxudicación a oficina que quere".

Farmacia
Farmacia | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta