Dani Rovira trae a súa nova proposta de humor 'Odio'

Poderase ver os días 24, 25 e 26 de xaneiro no Teatro Afundación de Vigo.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 17/01/2020 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Afundación, a Obra Social de Abanca, acollerá a representación do novo espectáculo de humor do cómico e actor Dani Rovira, Odio, en Vigo. Sairá a escena no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro venres 24 de xaneiro, ás 20.30 h, o sábado día 25 a partir das 20.00 h, e o domingo 26 de xaneiro ás 18.30 h. As últimas entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Dani Rovira e o seu espectáculo 'Odio'.
Dani Rovira e o seu espectáculo 'Odio'.

O cómico andaluz Dani Rovira presenta o seu novo espectáculo de stand up comedy no que, sen censura algunha, pon enriba da mesa a súa visión máis honesta e delirante do ser humano de hoxe en día.

Máis de 15 anos facendo comedia sobre as táboas: Inmortal de la Risa, Las noches de Paramount Comedy, Las noches del Club de la Comedia, ¿Quieres salir conmigo?, Improviciados, etc. Despois de gozar de Odio só poderán pasar dúas cousas, que o ames ou o odies para toda a vida. En ambas as dúas, a risa vai incluída.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta