Ofensiva contra a avespa velutina en Galicia

Uns 80 efectivos de Seaga comezarán a retirar niños a próxima semana nas catro provincias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2020 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou este venres a encomenda á empresa pública Seaga pola cal preto de 80 efectivos comezarán a retirar niños de avespa velutina a próxima semana nas catro provincias.

Alfonso Rueda, con persoal de Seaga para a loita contra a velutina
Alfonso Rueda, con persoal de Seaga para a loita contra a velutina | Fonte: Xunta.

Este novo sistema, dotado cun investimento de 2,3 millóns de euros, axudará ao control desta praga nos 275 municipios adheridos, no marco do plan de control acordado entre o Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a pasada semana.

O obxectivo é ofrecer unha resposta profesional, áxil e homoxénea aos concellos. Para iso, haberá un equipo de intervención con 76 profesionais distribuídos en cinco centros (Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) en función da evolución do número de avisos. A eles únese un equipo de coordinación de catro persoas.

O persoal de Seaga contará con formación específica para estas actuacións para o tratamento con biocidas. Ademais, os equipos contarán con material e medios necesarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta