Que significa 'Bomboclaat' e por que se usa en Twitter?

Ninguén sabe moi ben cómo se creou esta palabra, mais é unha expresión viralizada na rede. Adoita ir acompañada cun 'meme', buscando a opinión do resto de usuarios. Considérase o sucesor de 'sco pa tu manaa'.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/01/2020 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Os 'memes' levan en Internet máis dunha década, pero evolucionan e orixínanse a ritmo vertixinoso. Os que poden considerarse sucesores das antigas revistas de sátira, hoxe dominan a rede co seu manexo da ironía ou humor absurdo. Sendo cambiantes, espontáneos e visuais, exemplifican no mundo do humor á sociedade da sobreinformación na que estamos. Agora, nas redes cada unha ten o seu xeito de emprego.

'Bomboclaat' a palabra que é viral na rede.
'Bomboclaat' a palabra que é viral na rede.

En Twitter, adoitamos ver unha publicación co título 'Bomboclaat' e unha ou dúas fotos cun texto. O resto de seguidores fanse eco do twit e deben escribir sobre a sensación que lles transmite a imaxe ou inventarse un contexto para desenvolver as accións sobre esa escena. Literalmente, úsase a modo de 'que pensas diso?' ou 'a que che lembra iso?'. A súa utilización é similar á de 'Sco pa tu manaa'. Pero, que significa esa palabra que se semella ao ritmo dunha canción?

A súa orixe, está na lingua patois, en Xamaica. Segundo o portal especializado Know Your meme  é un dos insultos máis populares da zona. Bumbo significaría vaxina e claat é a pronunciación xamaicana de tea. 'Bumboclaat' refírese ao papel higiénico ou compresas. Úsase coma exclamación, desacordo ou conmoción. Non ten un significado exacto, pero pode dicirse que é o equivalente ao 'fuck' en inglés.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Ogallá fósemos quen de empregar as etiquetas para algo útil #PlenoVGO