Temas: DIñEIRO ABANCA

Abanca gaña 405 millóns de euros en 2019

A entidade sinala que este ano foi o primeiro exercicio no que a fusión inversa entre Abanca Corporación Bancaria e Abanca Holding Financeiro toma efecto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2020 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Abanca pechou 2019 cun beneficio neto de 405 millóns de euros, nun ano no que o volume de negocio dos seus clientes superou os 85.000 millóns de euros (+23%).

Aínda que obtivo un beneficio neto en 2018 de 430 millóns, a entidade sinala que 2019 foi o primeiro exercicio no que a fusión inversa entre Abanca Corporación Bancaria (absorbente) e Abanca Holding Financeiro (absorbida) toma efecto. Por iso, explica que en termos comparables o resultado é un 6,7% maior que o ano anterior.

O incremento no volume de negocio combina o dinamismo comercial -con especial atención en pemes e autónomos-- coas compras de Deutsche Bank PCB Portugal e Banco Caixa Geral.

Así mesmo, Abanca obtivo unha rendibilidade do 10%, entre as maiores do sistema financeiro español. Mentres, a taxa de morosidade sitúase por baixo do 3% (no 2,8%) e a cobertura de activos improductivos é a máis elevada do sector (o 58,8%).

Oficina de Abanca. ABANCA - Arquivo
Oficina de Abanca. ABANCA - Arquivo

Temas: DIñEIRO ABANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta