Xa son 26 persoas as persoas que morreron por problemas de gripe

Un total de 605.040 persoas, vacináronse.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2020 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

Un total de 26 persoas con gripe faleceron en Galicia na actual campaña invernal por este virus e, delas, 12 morreron como consecuencia desta doenza, mentres que as outras 14 presentaban este problema de saúde pero os seus decesos non foron consecuencia súa.

Os datos, que semanalmente actualiza a Consellería de Sanidade os venres, foron avanzados polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello, na que tamén informou de que se vacinaron contra a gripe este ano 605.040 persoas, 37.632 máis que na campaña anterior.

"Estamos a conseguir sensibilizar con maior éxito á poboación", destacou o mandatario autonómico, quen lembrou que nos atopamos no "pico" do virus e quen adiantou que a previsión é que baixe en próximos días. Nesta liña, destacou que aumentaron as vacinacións en todos os grupos de risco.

Desde a semana 40 do ano 2019 ata este mércores, atendéronse en Galicia un total de 987 casos, dos que 80 requiriron asistencia na UCI. Doce persoas morreron a consecuencia da gripe e outras 14 faleceron pero non a consecuencia dela.

DATOS DA CAMPAÑA

A campaña de vacinación desenvolveuse entre o 14 de outubro e o 28 de decembro pasado, cunha duración de 11 semanas. Segundo os datos deste informe, presentado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ante o Consello, houbo un incremento do 7 por cento no número de doses aplicadas.

Imaxe dunha persoa sendo vacinada da gripe.. XUNTA - Arquivo
Imaxe dunha persoa sendo vacinada da gripe.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta