"A Xunta usa o anuncio de Pemex para impulsar ao PP, non hai compromiso"

Un conselleiro da petroleira pública mexicana nomeado polo Goberno advirte que os contratos, que a Xunta dá por pechados, sairán a concurso nos próximos meses. A propia PEMEX admite que o asinado en Santiago inclúe "cláusulas suspensivas".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/09/2012 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

“El anuncio de los flotantes cayó en tiempos electorales en Galicia, y entonces la Xunta lo uso políticamente para impulsar al Partido Popular, pero no hay un compromiso de Pemex”. Quen fala así é Fluvio Ruíz, conselleiro profesional de Petróleos Mexicanos, PEMEX nomeado polo Goberno de México.

A denuncia de Ruíz únese ás voces cada vez máis numerosas que se erguen no país americano contra o "contrato" que a Xunta di ter asinado para que dous barcos hotel se fagan en Galicia. O PRI acaba de presentar no Senado Mexicano unha pregunta na que considera "excesivo" o custe do acordo. O PRI gobernará en México dentro dun mes, o actual acordo está promovido por dirixentes de PEMEX nomeados polo actual goberno en funcións, do PAN.

A denuncia de Fluvio Ruíz ten máis peso porque o seu cargo na empresa pública está por riba dos cambios na política mexicana. Nomeado este ano e procedente da universidade, seguirá como conselleiro até 2018.

Fluvio Ruíz, conselleiro de PEMEX
Fluvio Ruíz, conselleiro de PEMEX | Fonte: El Economista

"Eles farán unha proposta nunha futura licitación"

O asesor do Goberno é moi claro desmentindo que o rubricado sexa un acordo firme. "PMI aclarará que los flotantes no son un compromiso de Pemex, eso es un acuerdo establecido con los astilleros gallegos como posibles proveedores de una futura licitación a ser realizada por Pemex Exploración y Producción", asegura.

Nunha entrevista co xornal 24 horas, o conselleiro de Pemex ´engade que "“PMI tiene firmado un acuerdo con los astilleros para hacer una propuesta y ellos harán una propuesta a Pemex Producción en el momento de que salga a licitar los floteles”.

É dicir, que a construción dos dous floteles en Galicia non está pechada, nin moito menos. De feito, no comunicado da propia PEMEX advírtese que nos propios "contratos" hai métodos para suspendelos.

O máis concreto que publicou Pemex ao respecto é que "PMI identificó oportunidades altamente competitivas en Galicia para proveer servicios de alojamiento para el personal de plataformas de Pemex Exploración y Producción. El pasado 19 de septiembre, tras meses de negociaciones, PMI firmó contratos para la construcción de dos floteles en los astilleros Navantia e Hijos de J. Barreras. Estos contratos, plenamente válidos, incluyen cláusulas suspensivas que entrarán en vigor en los tiempos acordados".

O futuro do naval galego nas mans do PRI

Intentará o PRI parar o asinado en Compostela unha vez que se faga no Goberno? Polo que se intúe da súa interpelación parlamentaria si.

Segundo detalla El País, o PRI cuestiona, ademais do prezo, porque se pretende construír fóra de México. O partido mesmo dubida da capacidade de Navantia e Barreras de botalos buques porque “tenían cinco años sin un solo contrato firmado, ni para construir una lancha”.

Dende o comezo sabíase que todo dependería do novo goberno de México

O máis preocupante de toda esta lea é que o conselleiro Ruíz identifica o rubricado por Feijóo como unha manobra política para anotarse un tanto en precampaña.

Dende que comezaron os contactos hai un ano coñecíase o inminente calendario electoral mexicano. Polo tanto, xa daquela era evidente que ningún acordo ou contrato sairía adiante sen o apoio do novo goberno nacido das urnas.

En conclusión, os 3.000 empregos durante 30 meses que prometeu o Goberno Galego dependen arestora de convencer ao PRI que Galicia é o mellor sitio para facer os seus buques. A tarefa de convencer ao PRI de que non tire para atrás o asinado valéndose desas "cláusulas suspensivas" corresponderá ao próximo Executivo emanado en Galicia nas urnas do 21-0.

O rubricado diante das cámaras en Santiago non se fixo público. A Xunta alega que PEMEX impuso unha cláusula de confidencialidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

16 Omnia Sol Temperat

Textualmente PEMEX indica: "En este marco, el pasado 24 de mayo, PEMEX firmó un Memorándum de Entendimiento de Colaboración con la Xunta de Galicia para la construcción de remolcadores (7 en Galicia y 7 de forma conjunta con astilleros mexicanos), siempre que se den las condiciones de calidad, precio y oportunidad, así como para el posible establecimiento de una terminal logística de hidrocarburos en el puerto de Punta Langosteira." Por desgracia no leo nada en relación a que se van a construir definitivamente si no que así se hará siempre que "siempre que se den las condiciones de calidad, precio y oportunidad", es decir, yo esto lo veo como un preacuerdo pero no un acuerdo en firme.

15 Uncoellonachisteira

O que se deduce de toda esta enzoufada é que hai dúas empresa PMI e PEMEX. A primeira foi a que acordou cos asteleiros galegos co obxecto de presentar unha oferta ante PEMEX, á espera de que sexa aceptada nun concurso de ofertas. Se é así non hai nada seguro....excepto que Freixó tratou novamente de enganar para manterse no poder.

14 cocoliso

Canto peor, mellor, ¿nonsi rapaces? Tomade peor http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 Xistral

E con iso que nos dis cerebro liso? Agora vai ser ademais que mandan máis as filiais que a empresa matriz. Manda ouefs...

13 TEIXUGO.VIEIROS

***FREIJOOY O TRAPALHEIRO***

12 TEIXUGO.VIEIROS

http://www.lavozdegalicia.es/cartas... Asina e envía un mail a "La Voz de Galicia" para que publique en portada que PEMEX non firmou ningún contrato para facer barcos en Galiza, xa que o pasado día 20 de Setembro "La Voz" publicou en portada que "ya es firme el encargo de PEMEX de dos buques hotel..." comparte e difunde.

1 José P. Martínez

A idea é tan boa como inútil, pois por riba dos xornalistas da Voz están os directivos e os xornalistas-xefes que actúan como representantes do PP e de Novagalicia Banco.