"A Xunta usa o anuncio de Pemex para impulsar ao PP, non hai compromiso"

Un conselleiro da petroleira pública mexicana nomeado polo Goberno advirte que os contratos, que a Xunta dá por pechados, sairán a concurso nos próximos meses. A propia PEMEX admite que o asinado en Santiago inclúe "cláusulas suspensivas".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/09/2012 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

“El anuncio de los flotantes cayó en tiempos electorales en Galicia, y entonces la Xunta lo uso políticamente para impulsar al Partido Popular, pero no hay un compromiso de Pemex”. Quen fala así é Fluvio Ruíz, conselleiro profesional de Petróleos Mexicanos, PEMEX nomeado polo Goberno de México.

A denuncia de Ruíz únese ás voces cada vez máis numerosas que se erguen no país americano contra o "contrato" que a Xunta di ter asinado para que dous barcos hotel se fagan en Galicia. O PRI acaba de presentar no Senado Mexicano unha pregunta na que considera "excesivo" o custe do acordo. O PRI gobernará en México dentro dun mes, o actual acordo está promovido por dirixentes de PEMEX nomeados polo actual goberno en funcións, do PAN.

A denuncia de Fluvio Ruíz ten máis peso porque o seu cargo na empresa pública está por riba dos cambios na política mexicana. Nomeado este ano e procedente da universidade, seguirá como conselleiro até 2018.

Fluvio Ruíz, conselleiro de PEMEX
Fluvio Ruíz, conselleiro de PEMEX | Fonte: El Economista

"Eles farán unha proposta nunha futura licitación"

O asesor do Goberno é moi claro desmentindo que o rubricado sexa un acordo firme. "PMI aclarará que los flotantes no son un compromiso de Pemex, eso es un acuerdo establecido con los astilleros gallegos como posibles proveedores de una futura licitación a ser realizada por Pemex Exploración y Producción", asegura.

Nunha entrevista co xornal 24 horas, o conselleiro de Pemex ´engade que "“PMI tiene firmado un acuerdo con los astilleros para hacer una propuesta y ellos harán una propuesta a Pemex Producción en el momento de que salga a licitar los floteles”.

É dicir, que a construción dos dous floteles en Galicia non está pechada, nin moito menos. De feito, no comunicado da propia PEMEX advírtese que nos propios "contratos" hai métodos para suspendelos.

O máis concreto que publicou Pemex ao respecto é que "PMI identificó oportunidades altamente competitivas en Galicia para proveer servicios de alojamiento para el personal de plataformas de Pemex Exploración y Producción. El pasado 19 de septiembre, tras meses de negociaciones, PMI firmó contratos para la construcción de dos floteles en los astilleros Navantia e Hijos de J. Barreras. Estos contratos, plenamente válidos, incluyen cláusulas suspensivas que entrarán en vigor en los tiempos acordados".

O futuro do naval galego nas mans do PRI

Intentará o PRI parar o asinado en Compostela unha vez que se faga no Goberno? Polo que se intúe da súa interpelación parlamentaria si.

Segundo detalla El País, o PRI cuestiona, ademais do prezo, porque se pretende construír fóra de México. O partido mesmo dubida da capacidade de Navantia e Barreras de botalos buques porque “tenían cinco años sin un solo contrato firmado, ni para construir una lancha”.

Dende o comezo sabíase que todo dependería do novo goberno de México

O máis preocupante de toda esta lea é que o conselleiro Ruíz identifica o rubricado por Feijóo como unha manobra política para anotarse un tanto en precampaña.

Dende que comezaron os contactos hai un ano coñecíase o inminente calendario electoral mexicano. Polo tanto, xa daquela era evidente que ningún acordo ou contrato sairía adiante sen o apoio do novo goberno nacido das urnas.

En conclusión, os 3.000 empregos durante 30 meses que prometeu o Goberno Galego dependen arestora de convencer ao PRI que Galicia é o mellor sitio para facer os seus buques. A tarefa de convencer ao PRI de que non tire para atrás o asinado valéndose desas "cláusulas suspensivas" corresponderá ao próximo Executivo emanado en Galicia nas urnas do 21-0.

O rubricado diante das cámaras en Santiago non se fixo público. A Xunta alega que PEMEX impuso unha cláusula de confidencialidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

6 zoilo

Como todo continuación da política do PP , persecución dentro da xunta de todo o que non seña PP. Como é posible que haxa centros sen auga luz nin as mínimas condicións sanitarias, persecución por consideralas do PP esas son as ordes que ten o subdirector (bo rapaz das OJe)... as subvencións productivas non sirven pranada e as que valen eliminanas son do Bng. Corruptos a patadas.... Destruen material por 12000 euros como o ex-xerente de unha empresa de medio rural extinguida como sodeco e a ninguen lle importa....menudo cachondeo de xunta

1 zoilo

Continuación da política do Bipartito

2 José P. Martínez

A Zoilo: O PP e os seus antergos gobernan Galicia desde o século XVI, o bipartito gobernou 4 anos. Case que todas as comparacións son perigosas, pero a súa é veleno.

5 Escéptico

Mira que confundir uns salvavidas para o Frijoles, cuns remolcadores e cuns floteis...

4 farto

impulsar O PP

3 Brown

Esta nova retrata á perfección a PPrensa que padecemos e que pagamos dos nosos petos. Mentres os medios minimamente serios descobren o paripé propagandístico do frijolito, os PPanfletuchos aldeanos tipo PPorreo Gallego, PProgreso, Faro de su Amo e demais falan de ratificación do compromiso de PEMEX. A Coz de Malicia, pretende salvar o expediente e di que hai dúbidas. Así está o patio.

2 Black Crow

Mientras que "los otros" parecen extras de una película de Bud Spencer, Alberto está trabajando para conseguir contratos para el sector naval, orzamientos para garantizar el AVE desde la meseta, la autovía de la Cuesta De La Muerte, etc ... ¿No os da vergüenza, rojos?

1 Xistral

Oíches aínda que digas de la Muerte, debes dicer Costa, pai... lán. Enfríache a cadeira Black...?

2 Black Crow

facepalm

3 Ronsel

La Cuesta de la Muerte? si, home si, unha película de Bud Spencer con El Fary

4 Black Crow

facepalm

5 White Crow

.. e montar unha zona de descanso con un lupanar jai.

6 P. Garcia

El texto que firma Black Crow es una representación casi perfecta de la ignorancia y el servilismo que mantienen a Galicia en el siglo XIX en cuanto a instrucción social y responsabilidades políticas.