Carvalho Calero será o protagonista do II Concurso de podcast-Radio na Biblio

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2020 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocará este xoves o II Concurso de podcast-Radio na Biblio, que este ano estará dedicado á figura do escritor e filólogo Ricardo Carvalho Calero, protagonista do Día das Letras Galegas.

A convocatoria publicarase o xoves coincidindo co Día Mundial da radio e conta coa a colaboración da CRTVG, e está destinado a centros que formen parten do programa 'Radio na Biblio' ou que traballen con este medio como ferramenta pedagóxica.

As pezas que se presenten ao certame versarán sobre o traballo do autor ferrolán, é dicir, sobre o patrimonio lingüístico galego, especialmente vinculado ao medio xeográfico, cultural e humano máis próximo ao centro e a estimular a lectura de poesía e teatro galegos e neste idioma.

O concurso consta de catro modalidades (Infantil e 1º ciclo de primaria, resto de primaria, ESO e bacharelato, ensinos para adultos e FP) e cada centro poderá presentar un máximo de tres traballos. En total, seleccionaranse dous podcast por modalidade e os gañadores recibirán unha asignación duns 1.000 euros para melloras no laboratorio de radio ou para actividades relacionadas co seu funcionamento, sempre vinculado á biblioteca do centro.

Precisamente, a titular de Educación, Carmen Pomar, visitou esta xornada o CEIP Plurilingüe San Bartolomé, de Vilanova de Arousa, un dos centros que se incorporou este curso ao programa 'Radio na biblio' no que se promove a creación de laboratorios radiofónicos nas bibliotecas escolares.

Carmen Pomar durante unha visita ao CEIP Plurilingüe San Bartolomé de Vilanova de Arousa. XUNTA
Carmen Pomar durante unha visita ao CEIP Plurilingüe San Bartolomé de Vilanova de Arousa. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta