Espectacular parkour en Vigo

Un grupo de mozos mostran unha enorme habilidade para abrir camiños impensables no escenario urbano de varios barrios olívicos.

Por Galicia Confidencial | | 06/10/2012 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

O parkour é unha nova modalidade dos chamados deportes urbanos. Nacido en Francia, consiste basicamente en inventarse camiños onde outros ven obstáculos produto do mobiliario e arquitectura urbana.

Os 'traceurs', que así se chaman os afeccionados a este deporte, realizan espectaculares piruetas propias dos mellores ximnastas. Outra característica é que, polo de agora, non hai cultura de competición neste deporte. Os 'traceurs' aprenden un dos outros, e xúntanse ás veces para filmar espectaculares coreografías.

Un bo exemplo é este vídeo gravado polas zonas do centro de Vigo, Praza América e Coia. Ben seguro que quen pasara por alí algunha vez nunca cavilara da posibilidade de dar semellantes chimpos:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta