CxG rexistra unha nova coalición tras fracasar o acordo co BNG aos que cualifica agora de "comunistas"

A formación de Xoán Carlos Piñeiro decidira integrarse nas listas do BNG nas pasadas xerais. Agora asina a coalición Nós-Galeguistas para ir co Partido Galeguista.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/02/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia pasou dun trato idílico co BNG a case insultalos. O secretario xeral de Compromiso por Galicia (CxG), Xoán Carlos Piñeiro, acusou ao Bloque de impedir unha nova alianza e acusounos de ser "comunistas". Por iso, e tras non fructificar unha alianza por posicións de máximos “dos interlocutores",  CxG optou por presentarse co Partido Galeguista dentro da coalición Nós-Galeguistas.

Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia
Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG

“Estamos esperando adhesións e dependendo de como vaian ditas adhesións, poderemos sufrir algún cambio no nome da coalición, depende da Mesa Electoral” di Piñeiro. A coalición Nós-Galeguistas, está rexistrada por un partido, Vía Nova, que está dentro de CxG.

“Estivemos falando con Coalición Galega, co Partido Galeguista e de momento só hai conversas, non coñecemos como iremos finalmente, se non progresa a idea de coalición, iremos como CxG” aclara Xoán Carlos Piñeiro.

Nun comunicado de Compromiso anunciando a coalición, declaran  que o obxectivo político deste proxecto “é aglutinar aquelas persoas que acreditan na capacidade autogoberno de  Galicia e non se senten representados polas forza de esquerda e comunistas”. Piñeiro declara sobre este punto que todo o mundo está por construir un espazo en Galicia que sexa un “soberanismo moderado”.

O BNG NON QUIXO DAR UN POSTO DE SAÍDA

Sobre a non concorrencia de CxG co BNG, como nas eleccións do 10N, Piñeiro aclara que “nestas eleccións do 5A xogabamos na casa e reclamamos ao Bloque ter dentro do seu grupo un representante de Compromiso no Parlamento galego”. Piñeiro afirma que isto sería sempre dentro da lealdade  e respecto ao grupo parlamentar. “O BNG ofreceu  postos tetemuñais nas listas do 5A e iso non é o que quería a nosa organización”.

Preguntado sobre se a non presentación de En Marea implicará que CxG ocupe o seu espectro electoral, o secretario xeral do partido galeguista declara que non buscan substituir a En Marea. “Nós somos un partido cunha estructura e a nosa idea é presentar esta ferramenta de coalición para que, quen queira, se sume en positivo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

15 Cornelio

Estes son unha panda de inútiles

14 Ibarrecheneachea

O pasar do BNG destes como de la mirda, foi porque o Piñeiro este desfalcou a pasta dos afiliados de Comproumpiso e non dou presentou contas, comidas, viaxes, hoteis, restaurantes....o peor que vai a politica a intentar amortiguar os fracasos como cidadán, como persoa. Escoitalo na radio e ves que é un analfabeto, por iso lle vale todo, xente de Vox, Via Nova, outros partidos....todo para que os afiliados lle den cartos e o BNG fotos nos periódicos....pero o BNG dixo, "hasta a quí meu. Ti de que vas? "

1 Desbloqueao

Argumento moi feble. En novembro CxG era o mesmo chiringo liderado polo mesmo fulano e ao BNG non lle importou metelos nas listas para vender o da "casa común" e o retorno das "ovellas descarridadas". Se agora non hai pacto é porque ao BNG non lle interesa, e punto.

2 Ibarra

O BNG queria o mesmo pacto. Creo que non te enteras de nada e che gusta falar do que non sabes

13 Minifundismo

Se o acordo foi por ter un posto ou non, pois o BNG fai ben. Eu pensaba que as discrepancias serían ideolóxicas pero...

12 Dirty Cowboy

CxG será unha opción interesante para Martiño Noriega nuns anos.

11 Tirsopaio

Cousas que non van saír en Nós Diario, antes Sermos Galiza. Prensa libre e plural...