O BNG esixe responsabilidades ao Goberno filipino para esclarecer as causas da morte de Diego Bello

O deputado no Congreso pide ao Goberno español que faga as "xestións oportunas para esclarecer os feitos que rodearon a morte do coruñés.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2020 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, instou ao Goberno español a que faga as "xestións oportunas" co Goberno e a policía filipina a través da Embaixada española ou do Ministerio de Exteriores para "esixir responsabilidades" ao executivo dese país e esclarecer os feitos que rodearon a morte do coruñés Diego Bello.

Diego Bello, o coruñés asasinado en Filipinas
Diego Bello, o coruñés asasinado en Filipinas | Fonte: Instagram

Así mesmo, pide ao Goberno que compareza na causa para "demandar información e lograr a exculpación" do empresario galego, acusado pola policía filipina de dedicarse ao narcotráfico e de disparar contra os axentes nunha redada antidroga. Unha versión que, segundo manifestaron os nacionalistas, "non se sostén e está chea de incongruencias".

Neste sentido, o portavoz municipal do BNG na Coruña, Francisco Jorquera, expresou esta pasada fin de semana a súa "solidariedade coa familia e achegados de Diego Bello" e sinalou que "foi asasinado pola policía filipina", a cal "tenta agora manchar a súa honra".

Ademais, o BNG lembrou que desde que Rodrigo Duterte preside Filipinas, existe unha lei que "autoriza á Policía a disparar a matar en casos de tráfico de drogas e cando se vexa ameazada".

Ante isto, o partido nacionalista manifestou que a policía filipina, amparada polo Goberno, compórtase como "escuadróns da morte" para "aniquilar opositores e todos aqueles que non se dobren ante as súas prácticas mafiosas".

Así mesmo, o BNG sinalou que, segundo a policía, nos últimos tres anos mataron 7.000 persoas. Unha cifra que se eleva a 30.000 segundo a Comisión de Dereitos Humanos da ONU e que xa foi denunciada "reiteradas veces" por Amnistía Internacional e outras organizacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta