Feijóo quere solventar o problema da sanidade convocando 3.500 novas prazas a un mes das eleccións

O líder dos populares galegos utiliza á Xunta na súa estratexia electoral para atacar ao Goberno central. "Se o PSOE e Unidas Podemos, que agora están no Goberno de Madrid, non aceptan que se cumpra a taxa de reposición pois serán 973 prazas", suliñou. "E será deles a responsabilidade da temporalidade na sanidade", engadiu.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/02/2020 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

Feijóo non deixa de sorprender a propios e estraños coas suas estratexias para confrontarse co Goberno central e tentar sacar réditos políticos e partidistas a través da Xunta. E desta volta é a conta da sanidade pública. Así, o presidente galego, aproveitou que as eleccións galegas están moi preto xa para tentar solventar os numerosos problemas da sanidade pública coa convocatoria de case 3.500 novas prazas, iso si, "sempre e cando sexa autorizado polo PSOE e Unidas Podemos no Goberno de Madrid".

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, nun acto de partido.. PPDEG
O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, nun acto de partido.. PPDEG

Deste xeito, o líder dos populares galegos quere abrir unha nova fronte electoral con Madrid e, para iso, utiliza a Xunta nesta confrontación. "En época de vacas fracas e de crise non puidemos cumprir o 100% das vacantes e agora sacamos 3.500 prazas si obtemos o visto e prace do Goberno central sen taxa de reposición", dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

E sabedor de que é probable que nun mes non se poida resolver esta convocatoria, Feijóo xa ten un plan B que é convocar 973 prazas "se o PSOE e Unidas Podemos non lle deixan" sacar a totalidade das prazas. "Con esta convocatoria queremos rematar coa temporalidade nos postos da sanidade pública e acabar xa definitivamente con este problema", dixo ao apuntar que, é, precisamente por isto, polo que existen os graves problemas da sanidade, especialmente, en Urxencias, Atención Primaria ou Pediatría.

"Se temos o permiso de Madrid diminuirán todos estes problemas legais porque ofertaremos prazas estables", xustificou Feijóo para defender esta nova estratexia que dixo que non é nova porque o seu goberno "xa lle remitiu escritos a tres ministerios", os de Sanidade, Economía e Administracións Públicas para avisar. 

ATAQUES A PODEMOS E PSOE

"A ver se agora os partidos que sustentan ao goberno nos deixan solventar o problema da temporalidade", dixo responsabilizando de todo o que acontece cos déficits na Sanidade pública galega aos "atrancos" da Administración Xeral do Estado. "Durante a recesión económica no nos deixaron sacar as prazas e iso provocou tensións", dixo.

Galicia Confidencial preguntoulle entón se, cunha crise tan importante como foi a do 2012, el tería convocadas esas 3.500 prazas se puidera. "As restriccións foron para as comunidades intervidas pero non para as que non estabamos. Pero ao final tamén nós sufrimos restriccións", xustificou. 

Tampouco aclarou a este medio cando lle mandou os escritos aos ministeiros ou se isto é unha nova "estratexia electoral", posto que pide 3.500 prazas "pero como sabe que non llelas van dar oferta case 1.000 para tensionar en periodo electoral". "Isto é unha solución, non unha confrontación", suliñou. "Xa non sei que temos que facer para acertar porque se digo que convocamos prazas estou confrontando e senón as convoco pois din que funciona mal a sanidade", limitouse a responder.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta