Arde unha nave industrial en Catoira

O incendio afectou o interior dunha nave que contén fariña de peixe. Polo momento non hai que lamentar danos persoais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2020 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Unha nave industrial situada no lugar de Portocanles, na parroquia de Dimo do concello pontevedrés de Catoira, está a verse afectada por un incendio que se propagou a mañá deste domingo no seu interior.

Foi preto das 11:05 horas da mañá cando unha persoa particular contactou cos servizos de emerxencias para pór os feitos en coñecemento do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE).

Segundo o 112 Galicia, o incendio afecta o interior dunha nave industrial que contén fariña de peixe e, polo momento, non se rexistraron danos persoais de ningún tipo.

Agora, os servizos de extinción de incendios tratan de sufocar o lume, que xa está baixo control. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Salnés, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Padrón, a Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Camión de bombeiros. CONCELLO DA CORUÑA
Camión de bombeiros. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta