Ciudadanos competirá co PP nas eleccións do 5A e pon en perigo a maioría absoluta de Feijóo

Beatriz Pino será a 'un' por Pontevedra, cunha lista completamente renovada con respecto ao 2016.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2020 | Actualizada ás 22:12

Comparte esta noticia

Ciudadanos competirá finalmente co PP por facerse co apoio do centro-dereita tras fracasar unha alianza e unha integración de C's nas listas populares.  Un feito que pode poñer en perigo a axustada maioría absoluta que varias enquisas lle dan a Feijóo.

A portavoz de Cidadáns en Galicia, Beatriz Piñeiro, en rolda de prensa.. CIDADÁNS
A portavoz de Cidadáns en Galicia, Beatriz Piñeiro, en rolda de prensa.. CIDADÁNS | Fonte: Europa Press

C's acode ás eleccións galegas con catro novos cabezas de lista con respecto aos comicios do 2016. A súa candidata á Presidencia da Xunta, a xornalista viguesa Beatriz Piñeiro, será a primeira por Pontevedra. Segundo avanzaron fontes do partido laranxa a Europa Press, o 'número uno' por Ourense será José Araújo, un dos dous concelleiros que teñen na capital provincial e que foi tenente de alcalde co PP, baixo o mandato do popular Jesús Vázquez.

En canto á Coruña, encabezará a candidatura María del Carmen Mahía Vázquez, que foi nas listas de Cs ao Senado nas pasadas eleccións xerais; e incorpórase José Ángel Gómez Fernández como 'un' por Lugo.

Finalmente, a formación liberal concorrerá ás galegas en solitaria tras semanas nas que se tentou achegar ao PPdeG para acudir ás urnas de forma conxunta, como si ocorrerá en Euskadi. E é que, mentres Cs propuña primeiro unha plataforma conxunta e despois unha coalición, os populares galegos ofrecíanlles que se integrasen nas súas listas, pero en postos testemuñais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 boys

Teñen unha boa candidata, si se deixan de frikadas galegófobas, poden sacar algo.